Nota de prensa
O VINDEIRO MARTES, 17 DE XANEIRO, TERÁ LUGAR A SUBHASTA PÚBLICA DE SEIS RESES MOSTRENCAS EQUINAS APREIXADAS A FINAIS DO PASADO ANO POLO CONCELLO DE RIBADEO. SERÁ ÁS 12 DA MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS.
Ribadeo, 13 de xaneiro de 2012. O vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 12 da mañá terá lugar a subhasta pública de seis reses mostrencas equinas apreixadas a finais do pasado ano polo Concello de Ribadeo. Será no salón de sesións.
Trátase de 3 poldros e 3 eguas. E fíxase un prezo de partida de 175 euros por cabalo (1.050 euros para o lote completo). No anuncio de subhasta pública asinado polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, advértese que “si ao acto de poxa non se presentase ningún poxador ou non se cubrise o prezo mínimo de saída realizaráse unha segunda subhasta partindo dun prezo mínimo que se fixará no momento. E de non poder ser adxudicados haberá unha terceira poxa. Si tampouco deste xeito se adxudicasen, os animais poderán adxudicarse directamente por lote ou de xeito individual a calquera persoa interesada a efectos de resarcir os gastos ocasionados polos mesmos”. Si a poxa quedase vacante, segundo o artigo 11 apartado 2 da Lei 1/1993 do 13 de abril de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade, procederáse ao sacrificio destas reses equinas mostrencas.
Estes seis cabalos foron apreixados hai semanas, despois de causaren danos en fincas particulares e de cultivo en varias parroquias de Ribadeo. Outros sete xa foron subhastados o pasado 16 de decembro no Concello.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



