NOTA DE PRENSA
“A Área de Obras, Cultura e Turismo, do Concello de Viveiro, amosa a súa satisfacción polo resultado da Cabalgata de Reis máis participativa dos últimos anos”
“A Cabalgata de Reis foi un éxito, grazas ao traballo de todas e todos”
“Milleiros de veciñas e veciños de Viveiro e de Concellos limítrofes, encheron as rúas Viveiro, para disfrutar do paso dos Reis Magos o pasado xoves, no seu percorrido dende Celeiro, pasando por Covas, ata a Praza Maior de Viveiro”
Os nacionalistas, Bernardo Fraga, responsable da área de Obras, Cultura e Turismo e Olaia Casas, Concelleira de Cultura, aseguraron no día de hoxe: “Queremos agradecer públicamente o esforzo e sacrificio das ANPAS de todos os Colexios do Concello de Viveiro (ANPA CEIP COVAS, ANPA CEIP LOIS TOBÍO, ANPA CEIP GALDO, ANPA CEI SAN ROQUE, ANPA CEIP CELEIRO, ANPA COLEXIO LANDRO-VIVEIRO), á Asociación ASPANANE, polo seu traballo na montaxe e deseño das Carrozas da Cabalgata de Reis, conseguindo unha Cabalgata na que participaron moitísimas nenas e nenos, e que fixo disfrutar a todas as veciñas e veciños que encheron as rúas de Viveiro para disfrutar do seu paso”
“Tamén agradecemos a colaboración do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, e da ACET “Praia de Covas”, de todas as persoas que participaron no desfile de xeito desinteresado, así como dos medios de seguridade”
Olaia Casas, declarou “o obxetivo deste ano era que participaran o maior número de nenas e nenos posible, tanto na propia cabalgata, como na elaboración das carrozas, para acadar unha amplia mellora no deseño e decoración de todas e cada unha delas”.
“Dende o Goberno Municipal, estamos moi satisfeitos co éxito da Cabalgata de Reis e comezaremos a traballar dende xa, da man das Anpas, e de todas as asociacións e colectivos que desexen colaborar, para a Cabalgata do ano que ven”


















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



