Nota de prensa
O PARTIDO POPULAR DE A PONTENOVA QUERE POÑER DE MANIFESTO A IMPROVISACIÓN E A FALTA DE PREVISIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL
Unha vez máis o Partido Popular de A Pontenova ten que saír na defensa dos intereses dos veciños e das veciñas da Pontenova fronte ás actuacións do goberno municipal, a mairoría delas carentes de sentido e adoptadas cunha total improvisación e sen pensar no futuro. Neste caso, concretamente, trátase da Ponte de Salmeán:
En primeiro lugar, o Partido Popular quere instar ao goberno municipal que adopte medidas urxentes para correxir o estado lamentable en que se atopan as barandillas da citada ponte desde xa fai tempo e do que o goberno local paraece non enterarse sobre todo tendo en conta o perigo que o seu estado actual, tal e como se ve na foto, pode supoñer para os veciños e vehículos que circulen por ela.
En segundo lugar, o goberno municipal quere “mal – gastar” 14 ou 15.000 €, segundo as súas propias palabras, en “arranxar” dita ponte sin incrementar o seu ancho que era o que realmente reclamaban os veciños para que poidera prestar o servizo necesario e que era o que levaba o PP no seu programa electoral. É dicir, vanse gastar 14 ó 15.000 € que son pan para hoxe e fame para mañá e dada a situación económica que vivimos pensamos que non estamos para tirar os cartos. Desde o PP pensamos que cando se fan as obras deben facerse de acordo coas necesidades dos veciños e cunha visión de futuro.
Por outra banda o PP tamén quere recordar a Darío Campos e ao equipo de gobernó que debe cumprir os acordos que se adoptan nos Plenos xa que, por exemplo, os veciños de Vilaouruz aínda están esperando que se lles coloque o espello que a iniciativa do PP se aprobou poñer fai catro meses na pista de Igrexa.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



