Nota de prensa
Barreiro e García celebran a decisión de aprazar a débeda dos concellos co Estado e salientan o desafogo que suporá para as facendas locais
En conxunto, os entes locais da provincia adebedan ó Estado 47,5 millóns de euros da liquidación negativa correspondente a súa participación nos ingresos do Estado dos anos 2008 e 2009 por culpa, recalcaron os representantes populares, “dos erros de cálculo e da irresponsabilidade do anterior goberno socialista”
O presidente provincial salientou que a petición de ampliar o prazo destas devolucións de cinco a dez anos foi unha reivindicación que liderou o Partido Popular e tamén a Xunta de Galicia, polo que a súa aplicación, segundo salientou, é froito da coherencia
García Díez defendeu o incremento do IRPF ó consideralo “a medida máis xusta” para
Lugo, 19 de xaneiro de 2012.- O presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo parlamentario popular no Senado, José Manuel Barreiro, e o deputado nacional Joaquín García Díez expresaron a súa satisfacción pola noticia de que o Goberno de Mariano Rajoy permitirá retrasar o pagamento da débeda que os concellos teñen contraída co Estado como consecuencia da liquidación negativa resultante dos exercizos 2008 e 2009. Unha débeda que, como lembraron os representantes populares, non foi froito da actividade dos concellos senón das malas previsións orzamentarias e da irresponsabilidade do anterior Executivo central liderado por Rodríguez Zapatero.
Os erros de cálculo nas previsións económicas feitas polo Goberno socialista central provocaron que os entes locais da nosa provincia recibiran do Estado unha cantidade superior á que lles correspondía en concepto de anticipos. Unha cantidade que posteriormente lles foi reclamada e que os concellos estaban obrigados a devolver en cinco anualidades. En conxunto, na provincia de Lugo a débeda acumulada en 2008 e 2009 ascende a 47,5 millóns de euros (7,7 corresponden ó Concello de Lugo e 29,3 á Deputación).
Para José Manuel Barreiro, a decisión do actual Consello de Ministros de aprazar a dez anos a devolución desta débeda demostra a “sensibilidade” do actual Goberno central coa situación económica dos municipios e das deputacións e a súa aposta por evitar a quebra nas administracións máis próximas ós cidadáns: os concellos. A maiores, dende un punto de vista práctico evitará que, “agobiados por esta circunstancia”, os entes locais teñan que asumir novos axustes.
DESAFOGO
Nesta liña, o presidente provincial salientou o gran desafogo que vai supoñer esta medida para as arcas municipais e para as políticas económicas dos concellos e da propia Deputación. Considera que Rajoy deu un balón de osíxeno ó municipalismo rebaixando de xeito significativo o montante de devolución anual e ampliando a posibilidade de facelo durante a próxima década.
Barreiro recalcou tamén que esta decisión é froito da “coherencia” do Goberno popular, posto que, segundo lembrou, a proposta de amplir o prazo para devolver as liquidacións negativas foi unha reivindicación xeral das Comunidades Autónomas, liderada pola Xunta de Galicia, e pola que, “como demostran os feitos”, Mariano Rajoy se interesou.
Foi, lembrou, o Goberno galego o que solicitou varias veces no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) esa ampliación, petición á que se foron sumando prácticamente a totalidade das CCAA. Tamén no Congreso e no Senado os populares fixéronse eco da proposta e mesmo na Deputación, segundo dixo, e o Grupo provincial do Partido Popular propuxo “ata en dúas ocasións” que se instara ó Goberno central a que se adoptara esta medida.
Como conclusión final, o presidente provincial dos populares subliñou que en 15 días con Mariano Rajoy ó fronte do Executivo central avanzouse máis e fíxose máis polos nosos concellos que nos tres últimos anos co Goberno socialista.
SUBIDA DEL IRPF
Pola súa banda, o deputado nacional Joaquín García Díez responsabilizou á “herdanza envenenada” recibida polo Goberno Rajoy da toma dalgunhas decisións que “os populares nunca desearíamos ter tomado”. “As circunstancias obrigan”, enfatizou, en referencia ó incremento do IRPF.
Segundo lembrou, os socialistas, “concretamente o Sr. Rubalcaba”, dixeron no debate de investidura que o PP subiría o IVE, baixaría as pensións, as prestacións por desemprego e recortaría o gasto social. “Seguen instalados na estratexia do medo e a mentira, pese ós malos resultados que lle deu nas eleccións”, indicou: “o Goberno non fixo nada do que pronosticaron os socialistas e si se viu obrigado a acordar unha subida temporal do IRPF foi porque o contexto económico que nos deixou Zapatero obriga a elo; e porque é, de todas as opcións posibles, a máis xusta, equitativa e progresiva que se podía tomar. Nós non queremos que a factura a paguen os máis débiles”. “Os socialistas foron os que conxelaron as pensións, baixaron o salario os funcionarios e subiron o IVE a todos os cidadáns”, apuntillou.
A suba do IRPF, segundo explicou o deputado popular, ten como obxectivo mantener o compromiso de revalorizar as pensións, “que o PSOE non foi quen de soster”. Na provincia de Lugo, a paga única por desviación do IPC en 2011 beneficiará 49.914 pensións por un importe de 6.700.000€ e o custo en 2012 do total de pensións, incluindo a revalorización do 1% e a consolidación da desviación do IPC no 1,9%, será de 14.240.000€ e afectará a 130.033 prestacións
O incremento do IRPF, segundo dixo García Díez, 5,3 millóns de contribuintes españois nos se verán afectados. En Lugo, dos 163.000 cotizantes, 60.000 quedarán fora desta “medida provisional”. Só se gravará, segundo recalcou, a quen máis ingresos ten y de manera progresiva. Así dos 19 millóns de declaracións en España, 16 millóns teñen ingresos por debaixo dos 40.000€. En Lugo, dos 163.000 contribuintes, 153.000 están por debaixo dos 40.000€ .
Enfrontámonos á peor herencia da democracia: máis de 5,4 millóns de parados e un incremento da débeda en 2011 que custalle a cada español 2.000 € e, “a maiores”, o “verdadeiro” déficit é do 8 por cento “e pode que incluso algo máis” e non do seis por cento “como aseguraban os socialistas durante o proceso de traspaso de poderes”. “Os socialistas mantiveron as súas mentiras ata o último momento”, enfatizou. “E non digamos nada xa da situación na que deixaron a Seguridade Social, como xa acontecera en 1996 atopámonos cun desfase, nesta ocasión, de 5.000 millóns”, concluiu.
Ejemplo
IMPACTO DO GRAVAMEN COMPLEMENTARIO A CUOTA INTEGRA ESTATAL DO IRPF
DECLARACIÓNS 2009
TOTAL—- TOT NO AFECTADOS IMPACTO ANUAL
< de 10.000 euros--- 76.892 57.069 7€ 10.000 e 20.000— 47.562- 2.772 69€ 20.000 e 30.000— 20.191 62 226€ 30.000 e 40.000 10.449 0 444€ TOTAL 162.959 59.919


















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



