Nota de prensa
XANEIRO:
Sábado 28: Caramuxo teatro.Pío.RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz.
Hora: 18.00
Público Infantil A PARTIR DE 4 ANOS
Clasificación Teatro / Monicreques
Autor JUAN RODRÍGUEZ E LAURA SARASOLA
Dirección CARAMUXO TEATRO
Adaptación JUAN RODRÍGUEZ E LAURA SARASOLA
Escenografía CARAMUXO TEATRO E OSCAR VILLÁN
Deseño son CARAMUXO TEATRO
Deseño iluminación SUSO JALDA
Vestiario CARAMUXO TEATRO
Música CARAMUXO TEATRO
Coreografía LAURA SARASOLA
Elenco artístico JUAN RODRÍGUEZ / LAURA SARASOLA
Duración 45 min
Caramuxo teatro presenta Pío, un novo espectáculo que mistura o teatro de actor e o teatro de títeres.
Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia, que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, se ningún referente que seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura unha morea de animáis que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa. No final de esa fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro.
Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns títeres deseñados por Oscar Villán (Premio Nacional de Ilustración coñecido por ilustrar “O Coelliño Branco” ou “A cebra camila”)
FEBREIRO:
Sabado 4: Teatro Noroeste.Último cowboy RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Clasificación Teatro / Comedia
Público Adulto
Autor Eduardo Alonso
Dirección Eduardo Alonso
Adaptación Eduardo Alonso
Escenografía Equipo Taetro
Deseño son Brais Morán
Deseño iluminación Eduardo Alonso
Vestiario Equipo Taetro
Música Selección Brais Morán
Elenco artístico Miguel Pernas, Luma Gómez
Duración :120 min
En “Último cowboy” enfróntanse dúas Europas, a Vella e a do Este, expoñéndose con precisión as importantes diferenzas que as separan pero constatando que terán que aliarse en harmónica conxunción se queren manterse á altura do “amigo americano”.“Último cowboy” é tamén unha comedia aceda sobre as relacións familiares. A absoluta posta en cuestión da familia como célula fundamental do noso instinto social. Se a familia é a unidade unicelular da nosa sociedade, non se pode agardar moito dun corpo composto por células canceríxenas.
Pero, sobre todo, “Último cowboy” é un texto teatral de personaxes ou, dito doutro xeito, de actores. As dúas personaxes que nel aparecen, amais dos varios que sen aparecer fisicamente, están; constitúen a esencia mesma da propia proposta. Soamente xente singular pode aportar singulares visións e, do mesmo xeito, só personaxes singulares poden expresar con rotundidade e contundencia a singularidade desta caótica deriva da nosa sociedade. En definitiva, “Último cowboy” tenta ser un espectáculo en clave de comedia aceda sobre a nosa realidade máis complexa e inmediata.
Sábado 25: Artestudio.Valados. RGTA
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00
Público Infantil A partir de 6 anos
Clasificación Teatro / Outros
Autor Agustín Fernández Paz
Dirección Xurxo Cortázar
Adaptación Rubén Ruibal
Escenografía Neves Seara
Deseño son Manu Clavijo
Deseño iluminación RTA
Vestiario Neves Seara
Música Manu Clavijo
Coreografía Kirena Celia Martínez Acosta
Elenco artístico
Dramaturxia: RUBEN RUIBAL
Espazo escénico e vestiario: NEVES SEARA
Interpretación: RAMIRO NEIRA, ESTEFANÍA GÓMEZ, XURXO CORTÁZAR
Duración 55 min
Asesoramento coreográfico: KIRENIA CELIA MARTÍNEZ ACOSTA
Asesoramento Pedagóxico: ESTEFANÍA VÁZQUEZ, DAVID SEISDEDOS
Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amistade e da súa vila, chea de vida ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertilas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza no veciño…
Prexuízos adultos suficientes para erguer un VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro.
A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.
…RAOV OAXIÉD
MARZO:
Sábado 3: Talía Teatro.Carta urxente a Máximo Toxo.RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18.00
Público Infantil 4-10
Clasificación Teatro / Comedia
Autor Diego Rey
Dirección Diego Rey
Escenografía Diego Rey
Deseño iluminación Dani Trillo
Vestiario Martina Cambeiro
Elenco artístico Marta Ríos , Dani Trillo
Duración 50 min
Texto promocional
Preséntovos a Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático, e a súa alerxia ao contacto con outras persoas, fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda.
Por outro lado atoparedes a Belinda, que traballa como carteira, aínda que con ansias de progresar. É unha muller alegre e chea de vitalidade, algo inxenua (máis ben un pouco parva), e sempre confía na xente que a rodea.
Aínda que Belinda reparte o correo pola veciñanza de Máximo Toxo, nunca tivo ocasión de coñecelo… ata hoxe. O xefe de Correos fíxolle un encargo a Belinda: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa
Sábado 17: Volta e dalle. Menciñeiro.RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30 h.
Clasificación Teatro / Outros
Público: adulto
Autor Alvaro Cunqueiro
Dirección Gabriel Penabade
Adaptación Gabriel Penabade
Escenografía Pepe Penabade
Deseño son Mini e Mero
Deseño iluminación Xacobo Castro
Vestiario María Chenut
Música Mini e Mero
Elenco artístico Pepe Penabade e Mini e Mero
Texto promocional
O adro dunha igrexa reúne a tres personaxes que evocan un mundo perdido: o dos menciñeiros tradicionais galegos. Un espectáculo a partir de Escola de Menciñeiros de Alvaro Cunqueiro e do seu mundo máxico baseado na galicia real.
Duración 60 min
ABRIL:
Sábado 21: Sarabela teatro. Tango. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Clasificación Teatro / Comedia
Público Adultos
Autor Slawomir Mrozék
Dirección Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación Ánxeles Cuña Bóveda
Escenografía Pedro Fresneda
Deseño son Renata Coda Fons
Deseño iluminación Pedro Fresneda
Vestiario Ruth D. Pereira
Música Renata Coda Fons
Elenco artístico : Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Sabela Gago, Lino Braxe, Fernando Dacosta Nate Borrajo
Duración 90 min
“Viu a luz a obra que o teatro precisaba e que o público esperaba. Unha partitura precisa e limpa”; isto foi o que os críticos escribiron cando se estreou “Tango” hai 47 anos. Desde entón “Tango” segue sendo unha das obras máis relevantes do teatro polaco en todo o mundo.
As relación internas dunha familia concebida como metáfora da sociedade serven a Mrożek para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional. Desde o punto de vista da fábula, “Tango” fala da familia dos Stomil, das relacións nesta familia da que se presentan tres xeracións.
A extravagante avoa e a tía Euxenia, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil, e a nai, Eleanora, están bastante aburridos da vida. O fillo, Artur, de vinte anos, é estudante de filosofía. A avoa vai consumindo o que lle queda de vida nas súas partidas de cartas. A tía, liberal na súa xuventude, está ao servizo de Artur. Eleonora, artista, flirtea cun criado – Edek- un tipo sospeitoso e primitivo, amigo da casa. Stomil, o seu home e pai de Artur, é artista, representante dunha vangarda desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que no nome desa liberdade compórtase de xeito descoidadamente “informal”. O fillo prepárase para casar con Ala, con toda “pompa” e crear así unha nova familia. Sen embargo, primeiro ten que ordear o caos que impera na súa casa. Mesmo esixe unha revolución familiar.
Sábado 28: Produccións teatrais excéntricas.Oeste solitario. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Clasificación Teatro / Comedia
Público Adulto
Autor Martin McDonagh
Dirección Quico Cadaval
Adaptación Avelino González
Escenografía Kukas Producións Artísticas
Deseño son Piti Sanz
Deseño iluminación Octavio Mas
Música Piti Sanz
Elenco artístico Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa
Duración 105 min
Despois do éxito de “Un cranio furado” , a compañía Producións Teatráis Excéntricas regresa a Leenane, ea terra do oeste de Irlanda na que pode pasar de todo.
Os protagonistas son Valene e Coleman, dous irmans que mal voltan do enterro do pai, comezan a disputar o que o vello deixou, convertendo a casa nun campo de batalla.
É como un western doméstico ao que asisten como espectadores o atónito cura, o padre Welsh, que non entende nada, e a escéptica Girleen, unha esperta rapariga da aldea, que o entende todo. No fundo de todo este asunto agáchase un magnífico crime, como en todas as obras de Martin McDonagh.