Nota de prensa
GONZÁLEZ BARCIA E O SEU EQUIPO DE GOBERNO ASEGURAN QUE “OS DATOS DE EXECUCIÓN PRESUPOSTARIA DO EXERCIZO 2011, A 31 DE DECEMBRO, CONFIRMAN QUE O BIPARTITO INFLOU OS INGRESOS EN 133 MILLÓNS DAS ANTIGAS PESETAS”. O DESFASE SITÚASE POLA TAXA DE LICENCIAS URBANÍSTICAS E POLO ICIO EN 110.000 EUROS E POLA CONTRIBUCIÓN URBANA EN 93.000 EUROS. O REXEDOR LEMBROU QUE XA ADVERTIU DESTA SITUACIÓN NO SEU DÍA.
Burela, a 17 de xaneiro de 2012. O alcalde burelés, o popular José María González Barcia, compareceu hoxe en rolda de prensa xunto co seu equipo de goberno, para dar conta do estado de execución presupostaria dos presupostos municipais de 2011, a 31 de decembro pasado, orzamentos que foron elaborados polo bipartito que encabezaban Alfredo Llano e Nieves Cando.
Para o alcalde “os datos son elocuentes, porque o estado de execución presupostaria a 31 de decembro pasado amosan ás claras que o bipartito de socialistas e nacionalistas inflou deliberadamente os presupostos de ingresos en cento trinta e tres millóns de pesetas, 800.000 euros, tal e como eu mesmo e os meus compañeiros de grupo municipal nos cansamos no seu día de advertir, sen que nos fixeran caso algún”. Barcia dixo que, segundo os datos a 31 de decembro, “o desfase presupostario foi de prácticamente o trece por cento: é decir, de cada cen euros que o Concello tiña previsto ingresar, trece nin se ingresaron nin nunca se chegarán a ingresar”.
O desfase presupostario entre previsión definitiva de ingresos e dereitos recoñecidos netos é de 847.861,17 euros, é decir cento corenta millóns de pesetas.
Barcia manifestou que “efectivamente, pode haber desviacións presupostarias en calquer exercicio, desviacións que poden ser tolerables dentro dunhas marxes. Pero o que non se pode permitir baixo ningún concepto é que se chegue a estes extremos, e en todo caso os responsables de tal desaguisado deben dar as pertinentes explicacións ao conxunto da cidadanía”.
O concelleiro de Economía e Facenda, José Casas Martínez, fixo un repaso ás cifras máis significativas e máis contundentes. Por exemplo, “o bipartito presupuestou uns ingresos de 1.515.000 euros pola contribución urbana, pero só recoñeceron como dereitos a cobrar un total de 1.422.011, e o concello deixou de ingresar 93.000 euros”.
Casas tamén afirmou que “os do bipartito non debían ver os problemas que hai na construcción, porque presupostaron uns ingresos de 100.000 euros para o Imposto de Construcción, Instalación e Obras (ICIO), e só se recoñeceron uns ingresos da 31 de decembro de 29.369 euros; os cidadáns vemos como se nos evaporan algo máis de setenta mil euros. E no que se refire á taxa por licencia urbanística, outro tanto xa que presupostaron 50.000 euros, pero o Concello só ingresou 9.306,72 euros a 31 de decembro. Aló van outros corenta mil euros”.
O concelleiro de Economía e Facenda tamén fixo mención a outros dous conceptos que “demostran o grado de irresponsabilidade de Alfredo Llano e Nieves Cando á hora de mover os cartos de todos os contribuintes, presupostaron uns ingresos diversos por importe de 59.389,99 euros, pero o Concello só recaudou 28.276,67 euros. A conclusión é 31.000 euros que se querían gastar sen telos. E ata presupostaron uns ingresos para gastos xerais de 13.415,83 euros, pero a partida de dereitos recoñecidos é de 0 euros”.
Finalmente, José María González Barcia lembrou que “a máxima deste equipo de goberno é gastar só o que realmente se tén. Non podemos comprometer gasto, que para eso foi polo que inflaron os presupostos, para gastar e despois non pagar. As empresas e os proveedores queren cobrar os seus traballos, pero ao paso que íamos o Concello de Burela sería incapaz de pagar todo o que gastaba, o que abocaría a moitos comerciantes e pequenas empresas a serios problemas de liquidez e de mantemento dos postos de traballo”. O rexedor considera que “ás persoas que en política realizan estas prácticas habería que suspendelas de soldo, pero non de emprego, para que notaran nas súas carnes os efectos desta política de derroche que o PP non practicará”.
PARTIDAS PRESUPOSTARIAS DE INGRESOS, EXERCICO DE 2011, NAS QUE SE PRODUCE UN DESVÍO SIGNFICATIVO ENTRE “PREVISIONS DEFINITIVAS” E “DEREIROS RECOÑECIDOS”, A 31 DE DECEMBRO DE 2011.
| DESCRIPCIÓN | PREVISIÓN DEFINITIVA DE INGRESOS | DEREITOS RECOÑECIDOS | DIFERENCIA |
| CONTRIBUCIÓN URBANA | 1.515.000’00€ | 1.422.011’36€ | 92.988’7€ |
| IMPOSTO VEHÍCULOS | 344.000’00€ | 328.038’37€ | 15.961’63€ |
| IMPOSTO INSTALACIONS, CONSTRUCCIONS E OBRAS (ICIO) | 100.000’00€ | 29.369’32€ | 70.630’68€ |
| TAXA POR LICENCIA URBANÍSTICA | 50.000’00€ | 9.306’72€ | 40.693,28€ |
| TAXA POR LICENCIA PRIMEIRA OCUPACIÓN | 100.000’00€ | 77.263’54€ | 22.736’46€ |
| TAXA POR LICENCIA DE APERTURA | 15.000’00€ | 8.875’10€ | 6.124,9€ |
| TAXA POR VADOS | 50.000’00€ | 41.520’34€ | 8.479’66€ |
| TAXA POR USO PRIVATIVO DE EMPRESAS SUBMINSITRADORAS | 95.000’00€ | 63.849’77€ | 31.150’23€ |
| OUTRAS TAXAS POR USO PRIVATIVO DOMINIO PÚBLICO | 60.000’00€ | 20.871’41€ | 39.128’59€ |
| OUTROS INGRESOS DIVERSOS | 59.389’99€ | 28.276’67€ | 31.113’32€ |
| REINTEGRO DE ANTICIPOS MEDIO-LONGO PRAZO | 35.000’00€ | 3.000’00€ | 32.000’00€ |
| INGRESOS PARA GASTOS XERAIS | 13.415’83€ | 0’00€ | 13.415’83€ |























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



