Os alcaldes de Burela e de Barreiros, José María González Barcia, e Alfonso Fuente Parga, asistiron esta tarde en Fitur á presentación do quinto número da revista E para comer Lugo, que edita a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería. No acto estiveron o presidente do colectivo, Cheché Real; a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita; o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o xornalista Jenaro Castro, e rexedores e representantes municipais doutros concellos da Mariña como Lourenzá, Foz ou Cervo, entre outros.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



