Nota de prensa:
A ÁREA DE DEPORTE ORGANIZARÁ A I COPA DEPUTACIÓN DE LUGO DE FÚTBOL BASE
Antonio Veiga destacou que “será un evento que mobilizará a 3.000 rapaces deportistas e ás súas familias e que terá tamén unha repercusión económica no comercio e hostalaría das vilas onde se dispute”
A competición disputarase ao redor de 3 fins de semana de xuño e en 3 campos diferentes, na Mariña, en Viveiro, en Lugo e na zona Sur, en Monforte de Lemos
Os desprazamentos, aloxamentos e gastos de arbitraxe e materiais da propia competición están integramente sufragados pola Área de Deporte da Deputación de Lugo
Lugo, 27 de febreiro de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentaron esta mañá no salón de actos do Pazo de San Marcos o proxecto de organización para a 1ª Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base, unha competición totalmente sufragada pola Área de Deporte da Deputación e que segundo anunciou Antonio Veiga, “vai xuntar a máis de 3.000 rapaces e rapazas deportistas e ás súas familias en tres fins de semana de xuño, algo que vai repercutir moi positivamente na economía do comercio e a hostalaría das vilas nas que se dispute a competición”. Veiga afirmou que “como vén sendo a nosa liña de traballo desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”.
Segundo informou Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, “en Lugo disputarán a competición as categorías xuvenil, alevín e benxamín, os días 2 e 3 de xuño, e estímase a participación nuns 1000 rapaces, que xunto ás súas familias podemos estar a falar de 3000 persoas arredor da competición. Pola súa banda, os equipos lucenses de categoría infantil, competirán en Viveiro o 9 e 10 de xuño, cunha presenza estimada de 750-1000 futbolistas, e os equipos lucenses da categoría cadete disputarán esta 1ª Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base o 16 e 17 de xuño en Monforte de Lemos, tamén cunhas cifras aproximadas de deportistas de entre 750 e 1000 persoas.
Hai que salientar que os custes de desprazamento, manutención e aloxamento para aqueles equipos que se teñan que desprazar moitos quilómetros estarán sufragados pola Deputación de Lugo, ademais de todos os gastos propios da competición como arbitraxes, materiais, etc. Nesta liña, Antonio Veiga puntualizou que “é un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, xa que os equipos que se teñan que desprazar máis de 15 quilómetros desde a súa orixe ao punto onde se disputa o torneo terán sufragados os gastos de desprazamento, así como o aloxamento e a manutención para os equipos que se teñan que desprazar máis de 70 quilómetros. Tamén cada xogador levará un agasallo pola súa participación, ademais dos correspondentes trofeos aos 4 equipos finalistas de cada categoría. Polo tanto, estamos poñendo todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs”. Veiga lembrou que hai até o 16 de marzo de prazo para inscribirse a través do correo electrónico deporte@deputacionlugo.org na competición e que calquera dúbida pode ser solucionada chamando aos teléfonos 647 907 821 ou 630 078 398.
Pola súa banda, Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, afirmou que “turismo e deporte están máis ligados que nunca a resultas desta 1ª Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base, xa que o feito de desprazar e xuntar tantos nenos e nenas e ás súas familias unha fin de semana vai ter unhas repercusións positivas, ademais de no plano propiamente deportivo e socializador, no propio sector hostaleiro da zona e no comercio local, co que se pode ver tamén unha clara repercusión económica nesta competición”.
Neste sentido, afirmou Mario Outeiro que “esta competición será sen dúbida unha boa noticia para o sector turístico das zonas nas que se disputa nunha época na que aínda a ocupación hoteleira non presenta as cifras altas do verán”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
