Nota de prensa:
A XUNTA TEN DISPOSTAS DE XEITO INMEDIATO PRETO 1.000 TONELADAS DE SAL E FUNDENTES PARA O OPERATIVO PREPARADO PARA ACTUAR NAS VÍAS LUCENSES ANTE A VAGA DE MAL TEMPO
O dispositivo en alerta inclúe 18 máquinas quitaneves e un equipo humano de 70 persoas, que permitirán actuar de maneira continuada nos máis de 1.500 quilómetros de vías autonómicas existentes na provincia
Catro plantas para fabricación de salmuera, que traballan de modo continuo, permitirán a distribución e a reposición constante deste producto, ao que tamén contribuirán os 11 silos de sal situados en puntos estratéxicos da provincia
Lugo, 2 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia ten xa disposto un operativo de actuación para traballar na rede de estradas de titularidade autonómica existentes na provincia de Lugo ante a vaga de mal tempo que se prevé para os próximos días.
O operativo ten xa dispostos arredor de 900 toneladas de sal e salmuera para a súa distribución e aplicación inmediata no momento que se precise e capacidade de reabastecemento destes produtos en escasas horas. As catro plantas para a fabricación e abastecemento de salmuera, así como os 11 silos de sal distribuídos estratéxicamente pola xeografía da provincia, están a pleno rendemento para ofrecer os distintos produtos empregados para manter a vialidade na rede de estradas.
O dispositivo, no que se inclúen dotacións que forman parte do Plan de Vialidade Invernal da presente tempada, conta con capacidade para dar cobertura á rede de estradas autonómicas de modo ininterrumpido durante as 24 horas do día.
Esta operativo benefíciase da incorporación de cinco novas máquinas quitaneve que se sumaron nos últimos meses ás 13 que xa viñan traballando nos viais lucenses. Así mesmo, compre subliñar que, dentro deste total de 18 máquinas quitaneves dispostas, catro delas están dotadas de esparexedores de salmuera, un fundente líquido constituído por unha solución salina que ofrece mellores resultados para actuar na prevención da formación de placas de xeo, sendo tamén máis respectuoso co medio ambiente.
Polo que respecta aos silos de sal, estes están situados no Corgo, Pedrafita, Xermade, A Pastoriza, Quiroga, Begonte, Castroverde, Chantada, O Incio, e dous na Fonsagrada. Con este reparto estratéxico, co que se gaña en operatividade, permítese ofrecer unha resposta inmediata e eficaz mediante a retirada da neve ou a distribución de sal.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



