REFERENCIA / Nota de prensa
Siguen buscando al otro policía y al estudiante
El cadáver encontrado en A Coruña es de uno de los policías desaparecidos
A CORUÑA, 2 Feb. (EUROPA PRESS) -El cadáver hallado en la mañana de este jueves en una playa pequeña próxima al Orzán, en A Coruña, corresponde a uno de los dos policías que permanecían desaparecidos tras intentar auxiliar al estudiante eslovaco, cuyo cuerpo tampoco ha sido localizado por el momento.
Fuentes del operativo que participa en las labores de rescate han indicado que el cuerpo corresponde al agente Rodrigo Maseda, de 35 años de edad y natural de Burela (Lugo), quien había ingresado en el cuerpo policial en el año 2002. El cuerpo fue encontrado en la zona de la playa del Matadero sobre las 11.00 horas de este jueves por efectivos de Protección Civil.
( . . . )
![]()
Nota de prensa
BURELA VIVE O PRIMEIRO DOS TRES DÍAS DE LOITO OFICIAL DECRETADOS POLO CONCELLO TRAS A LOCALIZACIÓN ESTA MAÑÁ DO CORPO DO AXENTE RODRIGO MASEDA LOZANO.
Burela, 2 de febreiro de 2012. Burela vive o primeiro dos tres días de loito oficial que decretou o Concello tras a localización esta mañá do corpo do axente Rodrigo Maseda Lozano, desaparecido hai unha semana en augas da praia coruñesa do Orzán. O alcalde, José María González Barcia, destacou os valores que representa a morte deste xove policía nacional e que “habería que inculcarlles ás xeneracións futuras”.
O rexedor manifestou que “desde o Concello transmitímoslle á familia de Rodrigo Maseda, en especial aos seus pais e ao seu irmán, as nosas condolencias, o pesar de toda a Corporación Municipal e dos veciños de Burela, que sentiron esta noticia como propia”.
O Concello ven de adoptar as medias que se levan adiante nestes tristes casos. Barcia explicou que “decretamos tres días de loito oficial, se suspenden todos os actos oficiais que tiñamos previstos, por exemplo o acto institucional que se ía celebrar o sábado en Xantar en Ourense e todas as bandeiras ondean a media asta. Pedímoslles aos centros de ensino e ás outras institucións oficiais que hai en Burela que tamén poñan as súas bandeiras a media asta, en sinal de loito e de condolencia por un suceso tan triste e tan luctuoso”.
O alcalde de Burela resaltou os valores que representa a morte de Rodrigo Maseda, “a solidaridade, o compañeirismo, o poñer a vida dunha persoa a disposición dos demáis son cousas que nos deben facer reflexionar a todos, pero reflexionar seriamente para que eses valores estean presentes en todos os nosos ámbitos de actuación e para inculcarllos ás xeneracións futuras”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



