Nota de prensa
O BURELA FS GOLEA EN MÓSTOLES (2-11) E DESBANCA O LÍDER
![]()
As laranxas romperon coa imbatibilidade do Móstoles na casa. A perfección que buscaba Javier Pardeiro en vésperas da xornada atopouna o gran Burela FS Pescados Rubén en terras madrileñas e cunha goleada (2-11), que asenta as mariñás en zona de play off (29 puntos) e desbanca as mostoleñas da primeira praza.
Nunha cita de dominio galego absoluto, foi Dolo a encargada de abrir a suculenta lata, no minuto 6. Con escasísima marxe de manobra, as locais conseguiron igualar no 16, con propia de Haydee, que axiña devolveu a vantaxe (17) de novo para laranxas.
Cun marcador máis igualado do que merecía o xogo exposto na pista, o Burela FS comezou o segundo período sen deixar alternativa ao rival. Peque comezou o asedio aos dous minutos do reinicio, seguido dun triplete en avalancha de Ro, en tan só catro minutos. Con 1-6 e máis de medio tempo por diante, o Móstoles optou polo xogo de cinco sen resultados; Haydee (29) e Lidia (33) ampliaron as distancias a porta baleira. O tanto de Ju Delgado, no 34, parecía mitigar o furacán laranxa nun espellismo que borraron da pista, primeiro, a aparición finalizadora de Claudia (35) e, máis tarde, o regreso de Dolo (37) e, como non?, da acertadísima Ro (38).
No último minuto, a novísima Paula aínda tivo nas súas zapatillas o 2-12, a porta baleira, co infortunado tropezo, e posterior desvío, no tacón de Ro.
Móstoles-Burela FS
Partido perteneciente a la 16ª jornada de la temporada 2011/2012.
FSF Móstoles
12 Victorias | 0 Empates | 4 Derrotas
Puntos acumulados: 36 2
CD Burela FS Pescados Rubén
9 Victorias | 2 Empates | 5 Derrotas
Puntos acumulados: 29 11
Cancha de juego: Pabellón de Villafontana
Fecha: Sábado, 4 de Febrero de 2012
Alineaciones
FSF Móstoles
5
Sonsoles Jiménez Álvarez
Sonso
8
Beatriz Martín Sánchez
Bea Martín
11
Juliana Delgado Lautenschlager
Ju Delgado
13
Belén de Uña Marzo
Belén
14
Rocío Sevilla Rodrigo
Rocío
2
Inmaculada Martín Barroso
Inma
9
Jenny
Jenny
10
Eva María Manguán Valderrama
Eva Manguán
Entrenador:
CD Burela FS Pescados Rubén
5
Dolores Sánchez García
Dolo
8
Haydée Agras Moral
Haydée
9
Patricia González Mota
Peque
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
6
Silvia Rubal Casas
Silvia
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
17
Maite García de la Montaña
Maite
19
Paula Cortiñas Pardo
Paula
Entrenador:
El partido minuto a minuto
Gol 0 – 1 Min. 6 | Dolo
Tarjeta amarilla Min. 15 | Rocío
Gol 1 – 1 Min. 16 | Jenny
p.p. Haydee
Gol 1 – 2 Min. 17 | Haydée
Gol 1 – 3 Min. 22 | Peque
Gol 1 – 4 Min. 24 | Ro
Gol 1 – 5 Min. 26 | Ro
Gol 1 – 6 Min. 28 | Ro
Gol 1 – 7 Min. 29 | Haydée
Gol 1 – 8 Min. 33 | Lidia
Gol 2 – 8 Min. 34 | Ju Delgado
Gol 2 – 9 Min. 35 | Claudia
Gol 2 – 10 Min. 37 | Dolo
Gol 2 – 11 Min. 38 | Ro
Tarjeta amarilla Min. 38 | Maite
Tarjeta amarilla Min. 39 | Jenny





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
