BEBETO PERMANECE ESTABLE E FÓRA DE PERIGO
O ala-pivote do CD Burela FS Pescados Rubén Bebeto, ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Costa dende o sábado, en Burela, permanece estable e fóra de perigo. O brasileiro foi trasladado ao centro con tres costelas fracturadas e ferida pulmonar, por un choque cun rival durante o encontro ante o Hospitalet Bellsport en Vista Alegre; nunha tentativa por evitar un disparo á portería, o xogador laranxa recibiu un golpe no tórax dun xogador catalán, involuntariamente.
Consonte o parte médico proporcionado polo hospital a primeira hora da tarde, o burelista, que experimentou unha notable evolución dende o seu ingreso, aínda deberá permanecer na UCI cando menos ata mañá para controlar posibles hemorraxias.
O CD Burela FS quere trasladar o seu agradecemento ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, José Ramón Rozas Bello; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Anontonio Veiga; o alcalde de Burela, José María González Barcia; e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, que se puxeron en contacto coa entidade laranxa para interesarse pola saúde do xogador; así como a afeccionados e profesionais do deporte.























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
