LIDIA PON RUMBO A VITORIA COA GALEGA
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías xa ten todo preparado para poñer rumbo mañá ao Campionato de Seleccións Territoriais de Vitoria (29 febreiro-4 marzo) coa Selección Galega Sub-23.
Valencia será o primeiro rival da escuadra irmandiña o mércores, ás 10.00 horas, no pavillón Mendizorroza. O seguinte chanzo será ante Madrid entre o xoves e o venres, dependendo do resultado do primeiro día (12.00 horas). As semifinais e final están previstas para sábado e domingo respectivamente.
Xunto á representante laranxa, compoñen o combinado dirixido por Manuel Castillo Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas; Vanessa Sotelo, Ana Rivera e Jessica Diéguez, do Ponte Ourense; Tamara Acuña, do Leis Pontevedra; Lucía Gómez e Patricia Corral, do Viaxes Amarelle; e Erika González e Iria Vieiro, do Valdetires Ferrol.
Sub-19. Os xuvenís burelistas Aarón Fraga e Andrés Míguez tamén se adestrarán hoxe a última hora da tarde coa selección, no pavillón de Roxos en Santiago de Compostela. O campión de España decidirase en Logroño no mes de marzo, coincidindo coa Copa de España de Fútbol Sala (8-11 de marzo). O combinado irmandiño, que conseguiu o billete na eliminatoria anterior no País Vasco ante o anfitrión, Asturias e Aragón, deberá medirse na gran cita a Madrid e Murcia, no Grupo B; o A estará composto por Andalucía, Melilla e Valencia.
Grupo A
1ª xornada – 29/02 (17.30) CASTELA E LEÓN-ANDALUCÍA
2ª xornada – 01/03 (15.30) A RIOXA-Perdedor 1º partido
3ª xornada – 02/03 (15.30) A RIOXA-Gañador 1º partido
Grupo B
1ª xornada – 29/02 (10.00) GALICIA-VALENCIA
2ª xornada – 01/03 (12.00) MADRID-Perdedor 1º partido
3ª xornada – 02/03 (10.00) MADRID-Gañador 1º partido
Grupo C
1ª xornada – 29/02 (12.00) CANTABRIA-CALATUÑA
2ª xornada – 01/03 (10.00) ARAGÓN-Perdedor 1º partido
3ª xornada – 02/03 (12.00) ARAGÓN-Gañador 1º partido
Grupo D
1ª xornada – 29/02 (15.30) CASTELA A MANCHA-MURCIA
2ª xornada – 01/03 (17.30) PAÍS VASCO-Perdedor 1º partido
3ª xornada – 02/03 (17.30) PAÍS VASCO-Gañador 1º partido
Semifinais
1ª SEMIFINAL- 03/03 (10.00)
2ª SEMIFINAL- 03/03 (12.00)
Final
04/03 (12:00)























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
