Medio centenar de mulleres déronse cita o pasado venres, 17 de febreiro, no restaurante ribadense A Dorada do Cantábrico para gozar da segunda cea de comadres que organizou devandito establecemento. Todas degustaron os pratos preparados polo cociñeiro, Miguel González, nun ambiente distendido e carnavalesco. Despois participaron en charla/reunión tuppersex que impartiu Begoña Galocha. A cita, do mesmo xeito que a do ano pasado, foi un éxito.
