Nota de prensa:
CERVO
O BNG acusa ao goberno do PP de descontrol na xestión económica ao trasladar aos orzamentos actuais, prorrogados de 2011, facturas por mais de 140.000 euros que contaban con consignación orzamentaria no seu exercizo natural.
O goberno municipal ademais de incumprir os seu propio orzamento xoga ao monopoli cos cartos públicos xa que boa parte das facturas agora recoñecidas xa constaban con fondos específicos para o seu Recoñecemento Extraxudicial no orzamento 2011.
En Cervo atrásase o pago a provedores de materiais e servizos pero o alcalde, seu grupo de goberno e a asesora sempre cobran en tempo e forma.
Cervo, 24 de febreiro de 2012. O BNG decunciou o descontrol na xestión económica do equipo de goberno de Cervo que aprobou unha partida de facturas por mais de 140.000 euros mediante o procedemento de recoñecemento extraxudicial, incumprindo a Lei Reguladora das Facendas Locais que non permite o recoñecemento de obrigas fora do ano natural do propio exercizo orzamentario. A maior abundamento o goberno local trasladou ao exercizo 2012 obrigas que xa figuraban con consignación orzamentaria como recoñecidas extraxudicialmente nos orzamentos de 2011 e noutras existía consignación orzamentaria para o seu recoñecemento no mesmo exercizo. Os nacionalistas pregúntase que fai o goberno municipal co diñeiro público e acúsaos de xogar coa facenda municipal como si fora un monopoli movendo partidas económicas dun lado a outro e incumprindo as súas obrigas no pagamento a provedores cando corresponde.
Mentres os provedores agardan para cobrar o goberno municipal xoga ao monopoli co seu diñeiro e o do conxunto dos veciños de Cervo.
Os nacionalistas acusan ao goberno municipal de retrasar o pago a provedores de materiais e servizos dun xeito perverso xa que existindo consignación orzamentaria para o recoñecemento e pago das facturas dentro do ano natural, estes pagos retrasáronse de forma inxustificada. O portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, “acusou ao goberno local do PP de actuar coa facenda pública como si estiveran xogando ao monopoli, con constantes modificacións de crédito movendo partidas constantemente e baleirando as bolsas de vinculación ás que estaban destinadas nos orzamentos para dedicalas a outras funcións”. Estúa foi mais alá e criticou que “aquí os únicos que teñen o cobro asegurado con celeridade son o Sr. Villares, o seu grupo de goberno e a asesora que sigue no seu posto a pesar de non saber exactamente a que se dedica.”
Os servizos de Intervención aínda dando conformidade a este recoñecemento extraxudicial deixan serias dúbidas sobre a legalidade do procedemento e a xestión económica do goberno local.
O informe de intervención aínda informando favorabelmente o recoñecemento extraxudicial, deixa claro o incumprimento da Lei Reguladora de Facendas Locais ao cargar sobre o orzamento actual, prorrogado de 2011, obrigas que correspondería atender en anos naturais anteriores, moito mais cando dentro da contía total de 140.531,90 euros, “trátase de obrigas que contaban no orzamento 2011 con consignacións orzamentarias vinculadas para atendelas e que moitas delas xa figuraban no orzamento de gastos de 2011 como específicas para recoñecemento extraxudicial de créditos”. Os servizos de intervención ademais poñen en dúbida a legalidade da súa aprobación pola Xunta de Goberno, “e non polo pleno da corporación que debe ser o competente para determinar os créditos para cada exercizo”.
No paquete de obrigas hainas dos anos 2005, 2006 ou 2009 que deberían ser atendidas moito antes.
Os nacionalistas confirmaron que no paquete de facturas presentadas para o seu recoñecemento extraxudicial hainas moi vellas co prexuízo que isto supón a quen non cobra en tempo e forma. Os nacionalistas cualificaron de falta de seriedade e desidia na xestión económica xa que aínda sendo normal que a principios de ano podan aparecer este tipo procedementos, non é normal que se acumulen tais retrasos nos pagos cando ademais existía orzamento vinculado para atender os pagos cando correspondía.
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



