Nota de prensa
O BNG DE ALFOZ RECLAMA MÁIS REGURIDADE PARA ALFOZ
Para o vindeiro pleno ordinario, o Bng de Alfoz presentará unha moción para reclamar máis presencia dos organos de serguridade pública no noso concello.
Instaremos ó alcalde a que realice as xestións oportunas ante os organismos competentes da seguridade publica e ante o delegado do goberno.
O que buscamos e que a presencia da policía e garda civil se incremente con respecto a que hai actualmente.
Especialmente é precisa esta presencia en horario nocturno que e cando se están producindo a meirande parte dos roubos.
Dende fai tempo véñense producindo númerosos roubos no Concello de Alfoz, nos últimos meses a reiteración dos mesmos faise cada vez máis frecuente, especialmente roubos de gasoil en camións, maquinaria de obra,maquinaria forestal e ferramenta profesional.
O medo a sufrir roubos que se palpa entre os veciños de Alfoz é cada vez maior, mostra un claro síntoma do aumento da inseguridade que existe de cara a ser víctimas de roubos.
Dende o Bng cremos que dende a alcadía se teñen que poñer as pilas, xa que anque son problemas de complexa solución hai que intentalo e non quedarse quieto e resignado como fai actualmente ante a maioría da problemática que se lle presenta.
Incluso se dan casos de empresas que foron víctimas de roubos en máis de tres ocasións coas conseguintes pérdidas económicas.