UNHA EMPRESA DE RIBADEO PRESENTOU A SÚA OFERTA PARA FACERSE COA ADXUDICACIÓN DA XESTIÓN DA MARINA SECA. A APERTURA DE PLICAS TIVO LUGAR ESTE MEDIODÍA NAS INSTALACIÓNS DO CNR.
Ribadeo, 16 de febreiro de 2012. Este mediodía tuvo lugar nas instalacións do Club Náutico de Ribadeo a apertura de plicas para proceder á adxudicación da xestión da marina seca. Unha empresa ribadense presentou toda a documentación e o aval esixido no pliego de condicións, segundo ven de confirmar o presidente do CNR, Mario Coto.
Coto subliñou que “agora a proposta presentada será valorado nunha reunión da xunta directiva do Club Náutico de Ribadeo, que se celebrará nos vindeiros días”.