Nota de prensa:
MAÑÁ TERÁ LUGAR UNHA XUNTANZA PARA SEGUIR AFONDANDO NO PROGRAMA DE TURISMO DE EVENTOS E REUNIÓNS NO QUE TRABALLAN O CONCELLO DE RIBADEO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
Ribadeo, 27 de febreiro de 2012. Mañá, 28 de febreiro, ás 17:30 horas no salón de plenos terá lugar unha xuntanza para analizar o traballo que se leva avanzado no programa de turismo de eventos e reunións, no que participa a Delegación de Turismo do Concello de Ribadeo en colaboración coa respectiva Área da Deputación Provincial de Lugo.
Dende a Concellaría de Turismo explican que “este proxecto ten como obxectivo provomer Ribadeo como un destino perfecto para a celebración e organización de eventos e encontros co fin de favorecer un maior dinamismo neste sector e a desestacionalización do turismo”. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “queremos facer de Ribadeo un lugar atractivo para facer eventos, congresos, reunións de empresas, de todo tipo de asociacións, que moitas veces escollen ás cidades para facer estes eventos e se esquecen de concellos coma o noso, cunha capacidade hostaleira, de servizos, de ocio, francamente importante”.
Dentro deste proxecto está contemplada a creación dunha aplicación informática que axude e facilite a organización de eventos en Ribadeo e que ao mesmo tempo aglutine toda a información relativa á organización de eventos (características dos hoteis, salas, restaurantes, actividades de ocio, etc…). E tamén se contempla a comercialización do producto a través da configuración de paquetes relativos ao proxecto.
O Concello enviou comunicacións deste encontro á hostalería local, a axencias de viaxes, empresas de autobuses, empresas de ocio e tempo libre, hoteis, casas de turismo rural… Suárez Barcia dixo que é “un encontro aberto a todo o mundo que mañá se queira achegar ao Concello. Queremos desestacionalizar o turismo con esta iniciativa e así poñer a Ribadeo á altura doutras cidades de moita máis poboación.
A Concellaría de Turismo convoca aos axentes do sector a esa xuntanza prevista para mañá martes, “para comezar a traballar en cooperación e colaboración, de forma que o producto resultante se adapte ás necesidades dos participantes”. Ao encontro asistirán o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



