Nota de prensa
A VINDEIRA SEMANA TERÁN LUGAR NOVOS ENCONTROS SECTORIAIS PARA SEGUIR AFONDANDO NO PROXECTO DE PROMOCIONAR RIBADEO COMO SEDE DE EVENTOS OU CONGRESOS. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE HAI QUE POÑER A RIBADEO NO MAPA DESTE TIPO DE TURISMO.
Ribadeo, 29 de febreiro de 2012. O vindeiro 7 de marzo terán lugar novas xuntanzas do Concello cos sectores dos aloxamentos, restauración e ocio para seguir afondando na idea de promocionar Ribadeo como sede de eventos ou congresos, fóra da temporada alta. Onte pola tarde o salón de sesións foi escenario do primeiro encontro cunha veintena de empresarios ribadenses, que o alcalde, Fernando Suárez, tildou de satisfactorio.
O rexedor trasladou “a miña satisfacción por cómo foi onte a presentación desta denominación que temos de Ribadeo eventos. Trátase dunha iniciativa que estamos levando adiante desde o Concello co apoio económico da Deputación Provincial de Lugo, e que pretende facer de Ribadeo un lugar atractivo para que poida vir xente, para que poidamos organizar congresos, para que poidamos organizar eventos de grupos que redunden en todo o sector da hostalería, dos hoteis e en toda esta oferta incipiente, pero xa importante, de ocio que temos en Ribadeo con empresas adicadas a isto”.
Suárez Barcia indicou que “se trata, tal e como lles explicamos onte, de ofrecer un instrumento para que se poidan poñer en valor os recursos que temos en Ribadeo, os recursos naturais, culturais e humanos. Hai que poñelos a traballar en rede para lograr, entre todos, que Ribadeo sexa moito máis do que xa é agora, un lugar de destino preferente máis aló das temporadas altas”.
O alcalde ribadense anunciou que “con toda a xente á que convidamos e que asistiu ao encontro de onte, e con toda a outra que segue a estar convidada imos manter unha serie de xuntanzas sectoriais o vindeiro 7 de marzo. Ás 16:30 horas será o encontro cos aloxamentos, ás 18:30 horas coa restauración e ás 20:30 horas co sector do ocio para ir configurando, entre todos, o produto turístico de Ribadeo. Contamos coa xente que veu na tarde de onte e con toda a que se sumará nos vindeiros días a este proxecto novidoso, que non pretende crear o congreso mundial de móviles que se está a celebrar en Barcelona estes días, pero o que sí pretendemos e imos facelo é poñer a Ribadeo no mapa de turismo de destino de grupos, de conferencias, de eventos especiais, fóra do que é a temporada alta”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



