Nota de prensa
Para a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, a Deputación non xustificou a necesidade destes postos que supoñen cantidades económicas moi elevadas nas arcas da administración provincial
O PP de Lugo denuncia que se dupliquen estructuras sen xustificación por parte da Deputación máis ainda nun momento de crise económica
Os pasados días 4 e 7 de febreiro publicáronse as bases no BOP para as prazas de Asesor Xurídico e Letrado Asesor adxunto
O complemento específico (sumado ao salario) que cobrará o Asesor xurídico chega case aos 3.000 euros
Lugo, 10 de febreiro de 2011.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou esta mañá, en rolda de prensa, a creacción na presidencia da Deputación de Lugo, da estructura da área de asesoría xurídica.
Trátase da creación de dous postos de traballo, cuxas bases se publicaron os pasados días 4 e 7 de febreiro no BOP: o de asesor xurídico e o de letrado asesor adxunto, que supoñen cantidades económicas moi elevadas nas arcas da administración.
Para a voceira dos populares, nun momento de mala época para a economía, que a Deputación de Lugo se adique a crear postos de traballo sen necesidade xustificada é algo preocupante e obedece, a estratexia do seu Presidente, a utilizar medios da administración para a súa promoción persoal.
Desta maneira, o Partido Popular de Lugo únese as protestas dos delegados sindicais no complemento específico de preto de 3.000 euros.
Elena Candia pide un esforzo na optimización dos recursos porque probablemente estas actitudes son as que levaron aos seus homólogos en Madrid a supresión destes organismos provinciais.