Nota de prensa
O Partido Popular agradece o traballo desinteresado de veciños, da agrupacion de voluntarios de PROTECCIÓN CIVIL e do Parque de Bombeiros, na extinción do incendio da vivenda en Mondoñedo
O Grupo Popular reitera a NECESIDADE DE QUE MONDOÑEDO TEÑA UN PLAN DE EMERXENCIAS
Elena Candia esixe ao equipo de goberno un mellor coidado nos poucos medios que ten
O Executivo local debe corrixir o seu proceder e unir esforzos e traballo para conseguir que Mondoñedo teña un plan de emerxencias que facilite unha actuación rápida en caso dun sinistro como o da pasada fin de semana
Mondoñedo, 8 de febreiro do 2012.- O Grupo Popular Municipal presentou unha moción para o seu debate en pleno para pedir, por segunda vez, que o bipartito poña os medios e a xestión necesaria para a elaboración dun plan de emerxencia, absolutamente imprescindible, para garantir a seguridade ante circunstancias como a que se sufriu este fin de semana.
O descoñecemento da ubicación das bocas de riego, o mal estado no que se atopan mangueiras e tomas de auga, por unha falta de mantemento, clara e evidente. Esta situación é, precisamente, razón de necesidades económicas, senón máis ben pola deficiente XESTIÓN E FALTA DE COIDADO DO MATERIAL.
O traballo desinteresado de veciños que de xeito espontáneo a colaborador traballaron a reo, a rápida resposta dos voluntarios da AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL DE MONDOÑEDO, e sobre todo a PROFESIONAL E URXENTE RESPOSTA do parque de Bombeiros, paliaron a gravidade da situación.
Non se explica o estado das bocas de riego, e tampouco se acepta como resposta a falta de recursos económicos pois nesta zona, recentemente fíxose unha inversión, a xuízo do Partido Popular, desaxeitada e cun resultado pouco práctico, cheo de obstáculos e sen que nas melloras se contemplaran este tipo de necesidades. Preguntamos cantas bocas de riego se deixaron para prever estas posibles situacións.
De feito, os elementos ornamentais que se instalaron na rúa, foron literalmente arrancados polos vehículos para extinción de incendios. Ben é certo que a sensibilidade con estas situacións nunca foi patente por parte do bipartito, imaxinemos que pasaría se esta situación se produce cando as rúas do casco histórico estaban cortadas con sacos de area de grandes dimensións.
O partido popular, tamén critica que nin se mencione nas declaracións do concelleiro de Servicios, o traballo que desempeñou a Agrupación de Protección civil.
MOCIÓN
MOCIÓN PARTIDO POPULAR DE MONDOÑEDO PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE EMERXENCIAS NO CASCO HISTÓRICO E NO RURAL
Elena Candia López, portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, ó abeiro da lexislación vixente, presenta para debate en sesión plenaria ordinaria a seguinte MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na nosa localidade, asistimos recentemente o desgraciado suceso no que unha vivenda habitada, en pleno casco urbano, se incendia, con claro risco de propagación a vivendas colindantes.
A extinción do mesmo, tivo lugar, gracias o traballo desinteresado de cidadáns anónimos, a implicación de Protección civil e principalmente pola responsa dos Bombeiros pertencentes o Parque de Bombeiros de Barreiros.
Durante os traballos de extinción, foi evidente a falta de medios do Concello de Mondoñedo, pero especialmente máis destacado e o mal estado no que se atopaban os medios que existian, mangueiras, bocas de riego sen gomas, etc.
E imprescindible, tendo en conta a situación do noso casco histórico: con vivendas antiguas, con moita madeira, casas colindantes que facilita a rápida propagación do lume… un correcto coñecemento da ubicación das bocas de riego, así como un razonable mantemento das mesmas sen dúbida, facilitarian extinguir calquer problema similar que se poida dar nun futuro, pero se temos en conta, a situación do noso rural, cunha poboación moi dispersa, con descoñecemento de ubicación de tomas de agua, en algúns caso, nin siquiera existen.
Urxe, en reorganizar e planificar un plan de emerxencias que reorganice as necesidades e enumere recursos existentes en caso de necesidade.
Por todo o exposto
SOLICITA
se someta a pleno da corporación o seguinte acordo
PRIMEIRO.- se habiliten os recursos humanos e materiais necesarios para a elaboración inmediata dun PLAN DE EMERXENCIA, PARA O CONCELLO DE MONDOÑEDO: RURAL E CASCO URBANO



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



