Nota de prensa:
En xullo de 2010 a Xunta converteu a esta localidade lucense en base permanente dunha das 11 ambulancias medicalizadas que hai en Galicia
A AMBULANCIA MEDICALIZADA EN FOZ GARANTE A ASISTENCIA SANITARIA URXENTE E ESPECIALIZADA EN HORARIO NOCTURNO E DURANTE AS 24 HORAS DO DÍA
Balseiro lembra que o PP fixo realidade a dotación desta nova ambulancia que o bipartito prometeu, pero que nunca cumpriron
Non comprenden como PSOE e BNG defendían no pasado que pola noite Foz contara só cunha ambulancia asistenicial, mentres que agora critican que o servizo estea cuberto coa medicalizada
Santiago, 3 de febreiro de 2012.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe, durante a súa intervención na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, o “enorme paso positivo” que supuxo para o conxunto da comarca da Mariña lucense que o Goberno galego decidira situar na localidade de Foz a base permanente dunha das 11 ambulancias medicalizadas que hai en toda Galicia.
Balseiro lembrou que, deste xeito, o Goberno da Xunta cumpría un compromiso pendente cos veciños deste concello mariñán que, ata o momento, estaban cansos de recibir promesas que nunca se facían realidade. Neste senso repasou os reiterados incumprimentos do bipartito de PSOE e BNG que prometían situar en Foz unha ambulancia medicalizada e nunca o fixeron mentres gobernaron. Pola contra, o Partido Popular dotou a este concello, en xullo de 2010, desta ambulancia máis completa que conta cun aparataxe técnico máis complexo e que leva consigo un médico o que supón unha mellora substancial na atención das emerxencias e no transporte sanitario urxente da Mariña
REORGANIZACIÓN DO SERVIZO
O deputado popular explicou que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo destinou un investimento próximo ao millón de euros, entre os gastos de mantemento deste servizo e as reformas que foron preciso executar no Centro de Saúde para adaptar parte das súas estancias como base permanente desta ambulancia.
Balseiro tamén indicou que unha vez que a Xunta decidiu manter a ambulancia medicalizada en Foz -de xeito permenente e continuo- procedeuse a unha reorganización do servizo de transporte médico que operaba na comarca da Mariña, realizando un reparto dos recursos máis equilibrado e eficiente. Ata ese momento en horario nocturno e en Foz operaban dúas ambulancias, a medicalizada e outra asistencial e, tendo en conta a carga de traballo nese horario decidiuse que fora só a medicalizada quen prestase a asistencia pola noite. O resto das quendas mantivéronse.
COBERTURA PERFECTA
Balseiro non comprende as críticas de PSOE e BNG “que estaban tan contentos cando Foz tan só tiña unha ambulancia asistencial pola noite, mentres que agora critican que a actual Xunta garanta o servizo en horario nocturno cunha ambulancia moito mellor e máis completa: a medicalizada”. Sinala que, sobre todo nestes momentos, hai que evitar que existan recursos ociosos e defendeu que a Mariña lucense está perfectamente cuberta de noite coas catro ambulancias coas que conta, e coa medicalizada.
Finalmente insistiu en que, como veciño e residente na Mariña, é o primeiro interesado en que os servizos de emerxencia funcionen correctamente e con calidade, e sinalou que por eso defende a reorganización das ambulancias que levou a cabo a Xunta, porque a asistencia médica hoxe é moito máis completa coa posta en marcha da nova ambulancia medicalizada que outros prometeron pero que tivo que ser o PP quen a puxo en marcha.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



