Nota de prensa:
ÁREZ BARCIA PREDÍULLE AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN QUE ARRANXE DE MANEIRA URXENTE AS VÍAS PROVINCIAIS AO PASO POLAS PARROQUIAS DO INTERIOR, QUE SE AMPLÍE A PONTE DE OVE E QUE A MAQUINARIA DA INSTITUCIÓN SEXA ENVIADA A RIBADEO PARA EFECTUAR TAREFAS DE REBACHEO.
Ribadeo, 3 de febreiro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pedíulle ao presidente da Deputación que proceda a arranxar de maneira urxente as súas vías provinciais ao paso polas parroquias do interior, que se amplíe a ponte de Ove e que a maquinaria provincial sexa enviada a Ribadeo para efectuar tarefas de rebacheo. De todos estes asuntos falaron Suárez Barcia e Gómez Besteiro no encontro que mantiveron hai uns días no Concello.
O rexedor explicou que “nesta xuntanza mantida co presidente da Deputación, co señor Besteiro, que a enmarco dentro dun ámbito cordial e positivo aquí, no Concello de Ribadeo, trasladámoslle, aparte do compromiso que lle quixemos arrancar co tema da residencia de maiores, varios temas de importancia para o concello”. Suárez Barcia contou que “un deles, ao que nos temos referido varias veces nos últimos tempos, é a necesidade imperiosa de que por parte da Deputación se proceda a amañar de maneira urxente as súas vías provinciais ao paso sobre todo polas parroquias o interior, singularmente de Covelas, de Cedofeita ou mesmo de Arante ou de Vilaousende, que están nunha situación estructuralmente mala e onde temos moitas queixas de veciños, incluso do propio autobús do transporte escolar porque o día menos pensado pode haber un accidente polo estado de degradación destes viais”.
O alcalde ribadense indicou que “tamén nunha circunstancia parecida nun vial provincial é a nosa petición reiterada, que xa lle fixemos hai dous anos e que daquela mostrou o seu compromiso aínda que a día de hoxe aínda non é posible velo feito, que non é outro que a ampliación da ponte de Ove, que está na estrada provincial por enriba da vía do tren, por onde pasa moitísima xente, sobre todo moitos nenos que van entrenar ao campo de fútbol que ten habilitado o Concello de Ribadeo do outro lado da vía, xa na parroquia de Ove. É importante a ampliación desta ponte para permitir o paso peonil de persoas sin que sexan molestados polos vehículos, sobre todo moitas veces cando é de noite, cando vai mal tempo, o paso por esa ponte faise francamente perigoso”.
Fernando Suárez engadiu que “xa un último aspecto que lle reclamamos, e esperemos que o vexamos feito dentro de pouco tempo, é que nos pase outra vez a maquinaria de obras da Deputación para poder seguir facendo actuacións de rebacheo en camiños, sobre todo das parroquias, que co paso do tempo de maneira inevitable, se van degradando”.
Para o alcalde de Ribadeo “o presidente da Deputación viu razonables todas estas peticións e comentounos a falta de disponibilidade económica que a Deputación tamén ten, como as demáis administracións. Pero en todo caso comprometeuse, e espero que sexa así, a que nos próximos tempos iría dando cumprida proba do seu compromiso tamén con Ribadeo”.





















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



