Nota de prensa:
IAGO BARRO: ‘Estamos centrados no xogo e coa maior ilusión para desarmar o Gáldar Gran Canaria’
Vista Alegre acollerá mañá o que constitúe todo un clásico da Segunda División, na visita do Gáldar Gran Canaria FS ao Burela FS Pescados Rubén (18.30 horas), coa estrea de Julio Delgado á fronte do vestiario mariñán. Iago Barro, encargado de defender a meta laranxa nas últimas citas, trasladou a implicación do cadro por regresar aos bos resultados: “Estes días houbo cambios, pero nós debemos ser alleos. Estamos centrados no xogo, esforzándonos, e coa maior ilusión para desarmar o Gáldar”.
Catro posicións, aínda que tan só 2 puntos, afastan os insulares, sétimos, dos burelaos, undécimos. “Por tradición, os enfrontamentos co Gáldar sempre son moi intensos” dixo Iago Barro, que incidiu no impulso que experimentaron os canarios: “Tiveron un comezo moi irregular, en postos de descenso incluso, aínda que en xogo estaban tranquilos, como lle ocorre ao Burela FS; buscaron o revulsivo nos últimos movementos de inverno e estano atopando recuperando resultados e posicións”. “A veteranía é o maior perigo do rival, con xogadores que non se van do partido doadamente. Debemos levar o peso do encontro para contrarrestar esa experiencia” analizou o laranxa.
“É a hora de reaccionar. É o verdadeiro momento de unirnos todos, vestiario, corpo técnico, directiva e afección, e recuperar en Burela o fortín das tempadas anteriores. Temos que recuperar a plena confianza e volver colocar o equipo onde realmente merece” concluíu o meta viveirense.
Non só serán os laranxas os que presenten caras novas. Tras a marcha de Yoni en decembro, os insulares incorporaron a David Guerra e Gonzalo Martín do filial; tamén supliron a saída do porteiro Sergio Gama, con Dani Cabezón, procedente do UA Ceutí, e co regreso de Óscar Desa. A todas estas variantes tamén hai que engadir a ausencia de Safar, en pleno Campionato de Europa de Seleccións con Romanía, e a dúbida de Augusto, por unha escordadura leve de nocello.
Julio Delgado poderá contar con Clebinho, tras cumprir dous partidos de sanción; tamén entrará na convocatoria o porteiro trabadense Javier Fajardo, ante a ausencia de Brais, que segue arrastrando unha contractura
Na cita das illas os laranxas regresaron cos tres puntos (2-5). A última vez que os canarios visitaron Vista Alegre foi no apaixonante play off a tempada pasada, con 4-0 para os mariñáns.
Outros encontros da xornada. O posible impulso da xornada para os burelaos estará condicionado por outros tres encontros fundamentalmente. O UA Ceutí, oitavo con 25 puntos, visita a cancha do Sala 5 Martorel, cuarto (29); o Fuconsa Jaén defenderá a novena praza (25) recibindo o terceiro, Hotels Plaza Andorra (30); e o décimo, Hospitalet Bellsport (24), viaxará á pista do pechacancelas, Space Gasifred Ciutat d’Eivissa.
O CD Burela FS Pescados Rubén desexa transmitir o seu máis sentido pésame a familiares, amigos e compañeiros do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, falecido a semana pasada en acto de servizo na praia coruñesa de Orzán.
En recordo da súa memoria, o fútbol sala de Burela honrará a Rodrigo cun minuto de silencio no encontro de mañá (Vista Alegre), sábado, ante o Gáldar Gran Canaria FS, no que os xogadores laranxas amosarán os seus respectos portando un brazalete negro.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
