XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 15ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE A VARA – Sábado, 25 de febreiro de 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (25 FEBREIRO 2012 ) 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 202 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 198 | 10 |
| TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 196 | 8 |
| CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 190 | 7 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 186 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 185 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 177 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 175 | 3 |
| NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 165 | 2 |
| DÉCIMO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 164 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 85 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 110 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 104 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 78 | 3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 65 | 2 |
| QUINTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 58 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 55 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 110 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 93 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 92 | 3 |
| CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 57 | 2 |
| QUINTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 30 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 49 | 1 |
Liga Senior Masculina.- O que son as cousas. Arturo Vigo que hai un par de semanas xa se vía como campión, ve agora ameazada a súa privilexiada posición por Francisco Pérez, grazas ás dúas victorias consecutivas conseguidas por Francisco. Francisco podería, matematicamente, porse líder na vindeira tirada de Vilachá se gaña e consigue a mellor bolada e Arturo Vigo non consigue puntuar; dahí que Arturo necesitará porse as “pilas” se non quere verse en problemas ao final do campionato. O que tamén consigue Francisco Pérez é afianzarse na segunda posición, cunha cómoda renda de 21 puntos sobre o terceiro clasificado, que sigue a ser José Rafael González con 72 puntos. Iso sí, Rafa que non se descuide xa que por detrais ten a Sócrates con 63, César con 59, Omar con 58, Marcelino con 55, etc. Como conclusión, despois desta tirada, e a falla das de Vilachá, Morás e Sumoas, o campionato volveuse a abrir, estando bastante claro que Arturo Vigo e Francisco Pérez van loitar polas dúas primeiras prazas, con vantaxe para Arturo neste caso; pola terceira praza do caixón de honra final Rafa parte con vantaxe, pero que non se descuide.
Liga Senior Feminina.- A noticia nesta Liga é que Dolores Baño, ao non puntuar, perde prácticamente tódalas opcións de revalidar o seu entorchado nesta categoría, inda que matemáticamente tería opcións; iso sí, a terceira praza non hai quen lla quite, e inda podería loitar pola segunda. Polo tanto, de aquí ao final, veremos unha forte loita entre Carmen Roca, líder con 64 puntos, seis máis que Belén Meitín, quen foi capaz de recortarlle dous nesta tirada. Belén ten inda moitas opcións de poder gañar, pero ao mesmo tempo vai ter moita presión xa que nunca conseguiu gañar este campionato, e a súa rival e líder neste intre Carmen Roca xa o conseguiu na primeira Liga desta categoría. As tres tiradas restantes van ser moi bonitas por ver quen se fai con trunfo final.
Liga Sub 16.- Nesta Liga, con Salomé como virtual –inda que non matemáticamente- campiona, a loita estase a desenvolver entre Daniel López e Isaias Cardoso, cunha pequena renda de un punto para o primeiro grazas á súa victoria en A Vara. Polo tanto, nas tres últimas tiradas veremos unha forte loita entre Daniel López e Isaias Cardoso pola segunda praza, con Salomé de xuiz mirando dende arriba da táboa.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 3 DE MARZO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, NA PARROQUIA DE PORTOCELO.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
