- Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
Está situado no Parque Rosalía de Castro e o kiosko da Praza da Mariña, decorado por voluntarias e voluntarios do Club de Lectura da vila.
- 45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido
Durante case dúas horas despedíronse do que foi o seu centro durante tantos anos e recordaron ao seu profesorado así como as anécdotas máis divertidas. Houbo tempo para a música, o cante e ata un xogo de kahoot con preguntas para os titores. Remataron o acto cunha cea de confraternización. Non faltou ao día seguinte a benvida ao alumnado ás nove da mañá.
- César Díaz Colmenares celebrou este xoves o seu 102 aniversario en Carballido, Alfoz
Con motivo desta celebración, achegouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda,
como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de diferentes produtos e
flores. A rexedora afirmou que “dá gusto ver a veciños con tanta experiencia e gozando de boa saúde”.
- Este domingo terá lugar a XXVI Edición da Feira Cabalar e de Gando de Lago, Xove
Será a partir das 9:30h no Recinto Feiral. A Feira está organizada pola Asociación equina A Medela. Ó longo de toda a xornada repartiranse centos de premios en concursos e carreiras.
- Pedro Rolle e Carlos Cornide presentaron este martes o seu libro 'Flores de Primavera do Valadouro' na UNED de Lugo
Os dous autores, o escritor e o creador audiovisual, fixeron un percorrido a través das especies de flora da Reserva da Biosfera Terras do Miño, destacando as máis singulares, as máis comúns e as máis rechamantes. Participaron nesta actividade Pedro Rolle Chaves, escritor, capataz forestal, técnico en conservación do medio natural e técnico superior en xestión forestal e Carlos Cornide, creador audiovisual e fotógrafo. Realizouse online e presencial
- Mondoñedo no novo Mapa Michelin dos Pobos Más Bonitos de España
Nel localízanse os pobos da asociación co pictograma da mesma. Entre eles está Mondoñedo, dentro dos pobos identificados en Galicia. Ademais Michelín tamén lanzou para o mercado francófono o novo mapa “Roadtrips en Espagne”, dedicado á Península Ibérica, onde se inclúen e destacan os pobos da Asociación co emblema dos mesmos. Os mapas poden mercarse a través da web dos 'Pueblos más bonitos de España'.
- O obradoiro de xabóns artesanais comezou o pasado venres, dentro dos talleres terapéuticos do programa Arruguiñas, dixirido á poboación maior de sesenta anos do Concello de Cervo
Estes talleres son impartidos pola asociación Saúde Mental A Mariña, na Casa do Mar. Nos meses pasados as persoas inscritas participaron nun taller de resina, e nun taller textil; xa en xuño dedicaranse a deseñar axendas personalizadas.