Nota de prensa
Un total de 25 rapaces das Escolas Deportivas de Cervo patinaron na pista de xeo de A Coruña
-A viaxe estaba dirixida aos inscritos na modalidade de patinaxe artística
-Unhas 200 persoas practican exercicio actualmente nas Escolas Deportivas do municipio
Cervo, 13 de febreiro de 2012-O Concello de Cervo, a través da Concellería de Deportes, organizou o pasado domingo unha viaxe a A Coruña dirixida aos inscritos na sección de patinaxe das Escolas Deportivas do municipio. O destino desta saída foi a pista de xeo situada no Coliseum da cidade coruñesa, onde uns 25 rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos puideron exercitar o deporte que practican habitualmente, pero neste caso, “sobre unhas pistas de xeo profesionais”, explica o edil de Deportes, José Ramón Soto.
O obxectivo desta viaxe, que foi gratuíta, era “que os alumnos da modalidade de patinaxe puideran gozar dunha actividade complementaria ás clases e, ao mesmo tempo, entretida, coa que animalos a seguir practicando”, engade o concelleiro. Os rapaces estiveron acompañados das monitoras que imparten esta actividade.
A patinaxe é unha das moitas seccións coas que contan as Escolas Deportivas de Cervo. Este ano hai preto de 200 persoas, entre nenos e adultos, que participan nalgunha das 10 disciplinas que ofrece o Concello. No caso das actividades para os nenos, estanse impartindo clases de baloncesto, fútbol sala, atletismo, tenis, baile deportivo, patinaxe artística e xogolandia, esta última dirixida aos cativos de infantil. En canto ao público adulto, poden elixir entre ximnasia de mantemento, aerobic e pilates. “Dende o goberno municipal pensamos que é moi necesario seguir potenciando as Escolas Deportivas coas que facilitar e facer máis accesible a práctica de deporte aos veciños e veciñas”, asegura José Ramón Soto.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



