HOMENAXE Á MULLER
![]()
O vindeiro xoves celébrase o “ Día Internacional da Muller Traballadora”, efeméride que pon de relevo o papel da muller na sociedade, na perspectiva de axente produtora de riqueza e benestar. Hai quen están en contra destas xornadas, baseando a súa actitude argumentando que “o día de …“ tería que ser tódolos días do ano. E non lles falta razón.
Pero un pensa que aínda que a muller — neste caso – non vivira discriminada pola sociedade; que as súas condicións sociais, laborais e de todo tipo fosen idénticas ás dos conxéneres ; que o respecto á súa persoa, a consideración á mesma, ou que a igualdade de oportunidades fose un feito …, a muller, por enriba de todo isto, sería merecente do seu “día”. A muller, a secas, sen adxectivos, porque o seu papel na vida transcende con moito a todo aquelo que pode ser cuantificable.
Traballador/a é, segundo o dicionario, todo/a aquel/a que traballa. Entón ¿que muller non é traballadora?¿Cal é a que non traballa?.
O concepto de traballo mudou cós tempos. No noso poder temos un exemplar da prestixiosa revista “Vida Gallega”, do mes de Xullo de 1918, que na súa portada amosa unha estampa na que, dende a eira da casa, unha familia labrega, rodeada de animais domésticos e apeiros de labranza, observa como ó lonxe pasa pola estrada un home esforzándose en empuxar por un carro. O rapaz pregunta: — ¿Quen será…..? E o pai resposta :
— ¿E quen ha de ser?. Un lacazán, un palanquín que por preguiceiro anda polos camiños tirando dun carro, vendendo lenzos, agullas e outras cousas, suando mais que un touro.¡Todo por non traballar!
Naquela sociedade primixenia, netamente campesiña, todo o que non fose sachar, arar a terra e labrala, coller no monte, estrar as cortes, muxir as vacas … non era traballar. ¡ Por iso aquel home, que suaba coma un touro polo esforzo realizado na procura de compradores para as súas mercadurías, era un lampantín folgazán!.
A transformación social experimentada en tódolos ámbitos: a produción, a economía, o desenvolvemento industrial e tecnolóxico, as necesidades no eido dos servizos sociais: a sanidade, a ensinanza, a cultura, o comercio, o ocio, a burocracia … abriron un abano de infinitas posibilidades para a ocupación laboral das xentes; e aí están as mulleres gañándose a pulso postos de liderago na sociedade de hoxe, primacía que se está a dar e que nun futuro non só non remetirá senón que se afianzará, se temos en conta, por exemplo, que no eido académico, colectivamente as mulleres son mais brillantes nos estudos que os homes, mais responsables, e que social e culturalmente son mais activas e emprendedoras que os varóns. Nada ten que ver as actuais circunstancias con aquelas que en 1841 obrigaron a que Concepción Arenal tivera que vestirse de home para asistir ás crases na Universidade; hoxe a matrícula feminina é superior á masculina.
Para decatarse desta evidencia non hai mais que botar unha ollada ó noso arredor, observar a vida cotidiana e ver como as femias, máis que os homes, se afanan en actividades sociais e culturais ou asociativas; cal é a proporción dos sexos en asistencia a actos de todo tipo e quen, en todo tempo, están dispostos/as a aprender.
De aí que perderan toda actualidade hoxe aqueles versos que hai mais de cen anos escribira Curros Enriquez
Na miña terra unha moza / para coa xente se levar / ten que barrer, cociñar / rezar, fiar e ir á roza. /A folgazana non goza / de sona nin lado ten; fóxenlle os homes de ben, / mora en cabana sin tella / e morre, solteira e vella, / sen que a encomende niguén.
Desexamos ás traballadoras; ou sexa, a tódalas mulleres, saúde e felicidade.
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



