Nota de prensa:
A Deputación aforra 1,5 millóns de euros ós Concellos, asumindo o servizos de banda longa e de asesoramento tecnolóxico continuo
– Aforrando un 40%, a institución contrata 100 megas de Internet durante 2 anos nas dependencias provincias e nos 46 Consistorios adheridos o Plan de Extensión Banda Longa
– A custe cero, os Concellos contarán, as 24 horas dos 365 días, cun Centro de Asesoramento Tecnolóxico ata para a elaboración de pregos, que suporá, ademais, a creación de novos postos na provincia co fin de reforzar o persoal provincial
– Na zona Sur, a institución luguesa liquida o canon en Sober, adxudicando as derradeiras obras con cargo a este Plan por valor de 84.000 euros para a súa inmediata execución
– Para a Mariña, a sesión aproba actuacións de 50.000 euros: a reposición do firme na CP-5505, de Orrea a Galegos, en Riotorto, así como a dotación de material urbano na Pontenova
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, deu conta este venres das novas contratacións en materia de novas tecnoloxías que aprobou hoxe a Xunta de Goberno e coas que a Deputación aforra ós Concellos 1,5 millóns de euros ó asumir os servizos de banda longa e de asesoramento tecnolóxico continuo. Esta reducción de custes municipais é froito dos 25 millóns de euros que a institución luguesa soubo captar da Unión Europea, converténdose na quinta entidade local que máis fondos comunitarios recibiu na última convocatoria comunitaria.
Deste xeito e en primeiro lugar, Martínez informou sobre a adxudicación da conexión a Internet en todas as dependencias provinciais e nas 46 Casas Consistoriais dos municipios que, de xeito voluntario, se sumaron no 2011 ó Plan de Extensión de Banda Longa, enmarcado no Innova-TE. O voceiro explicou que, o ano pasado e mediante este Plan, a Deputación fixo as obras necesarias, tales como instalación de antenas ou extensión de cableado, ademais de habilitar a conexión á Rede nas Consistorios, durante 1 ano e cunha velocidade de 2 megas, con 1 millón de euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea. Nesta ocasión, destacou Martínez, a institución provincial logra aforrar o 40% porque, nun só prego, leva este servizo tanto ós Concellos como a todos os edificios dependentes da Deputación -antes existían varias contratacións que encarecían este servizo-; porque incrementa o tempo de prestación de Internet a 2 anos, é dicir, ó dobre; e porque aumenta a súa calidade, acadando ós 100 megas -con dependencia das condicións orográficas da zona-. Todo isto, con máis de 1,2 millóns de euros, dos cales o 70% son fondos europeos.
Martínez remarcou que isto permitirá ós veciños dos municipios sumados ó programa tecnolóxico provincial seguir realizando 154 trámites coa administración, así como manter os seus novos portais web. Estes Concellos son: A Fonsagrada, A Pastoriza, Pobra do Brollón, Abadín, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, O Páramo, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.
Asesoramento tecnolóxico
En segundo lugar, o voceiro informou sobre a aprobación da contratación dun Servizo de Asesoramento Tecnolóxico continuo por valor de 235.410 euros, tamén cofinanciados nun 70% cos fondos europeos do Innova-TE. Trátase dun centro que se situará no Pazo de San Marcos, reforzando o labor do persoal provincial centrado nas novas tecnoloxías, que prestará servizo, a custe cero, ós Concellos e á Deputación, durante as 24 horas dos 365 días ó ano. É dicir, chamando ó teléfono 982-28-02-63, en calquera momento, persoal especializado resolverá dúbidas sobre o funcionamento da Administración Electrónica ou sobre os portais web, e ata prestará asesoramento para a realización de calquera contratación tecnolóxica que queiran levar a cabo os municipios co fin de buscar as opcións máis ventaxosas. Isto conlevará, explicou Martínez, a creación de novos postos de traballos na provincia, xa que é necesaria a incorporación de 4 profesionais do sector da innovación.
Liquidado o canon de Sober
A Deputación liquida a débeda do canon en Sober, adxudicando as derradeiras obras deste Plan, dotadas de 84.000 euros, financiados na súa totalidade pola institución provincial. Martínez informou que na Xunta de Goberno deuse conta da contratación, para a súa inmediata execución, das obras de pavimentación nos accesos ós núcleos rurais de Gullufre-Os Canares, Os Congos, A Merla, Cancomede, Sampil e Rosende.
O voceiro destacou que, en total, o organismo provincial achegou a este Concello da zona sur da provincia, “que non contaba con sentenza favorable pero si co firme compromiso deste Goberno provincial, consciente de estar ante un municipio que, dende hai anos, produce e subministra enerxía hidroeléctrica á provincia”, 445.300 euros. Este orzamento, definido en base a un prestixioso traballo elaborado por profesionais do departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, investiuse en 11 obras, demandadas polos veciños e acordadas co Rexedor municipal.
Todas elas, á expeción das adxudicadas hoxe, estas executadas. Trátasen de: acondicionamento de accesos en Proendos, Área Recreativa, Arroxo, Santa Marta e Bolmente (39.640 euros); saneamento e abastecemento en Mer (35.142 euros); abastecemento de Carqueixa (17.083 euros); saneamento e abastecemento en Froxán (48.517 euros); acondicionamento de accesos e alumeado público en Regueiro, Nogueira, A Boca e Fervenza (41.037 euros); acondicionamento de accesos en Barantes, Barreiros y Bulso (44.962 euros); acondicionamento de accesos en Cadaval, Bananta, Piantes, Camilo e Rúa da Panadería (43.721 euros); acondicionamento de accesos en Prados, Matama e Rosende (31.887 euros); pavimentación na rúa El Progreso (58.734 euros); pavimentación accesos en A Merla, Sancosmede, Sampil e zona verde Rosende (38.160 euros); e pavimentación de accesos en Gullufre-Os Canares e nos Corgos (46.426 euros).
Obras na Mariña
O tamén Deputación de Xestión Territorial avanzou que a Deputación iniciará nos vindeiros días obras de mellora na CP-5505, de Orrea a Galegos, no Concello de Riotorto, por valor de 25.372 euros. E é que na sesión de hoxe deuse conta da contratación destes traballos para a súa inmediata execución. As actuacións consisten na reposición do firme e do drenaxe no punto quilométrico 0,600. Trátase da zona afectada polo cauce do río que discorre por debaixo deste vial.
Tamén na Mariña, concretamente para A Pontenova, a sesión deu o visto e prace á contratación de novas actuacións dotadas de 24.725 euros. Deste xeito, a institución provincial acordou investir 14.105 euros na substitución da zahorra existente no campo da festa de Vilameá, parroquia composta por 300 veciños, por formigón pulido. Ademais, tamén aprobou adquirir material urbano por valor 10.620 euros. Trátanse de bancos, papeleiras, entre outros accesorios, que se situarán na Chousa de Vilaouriz, unha zona verde do núcleo urbano pontenovés, recentemente acondiconada mediante 6 millóns de euros, cofinanciados nun 30% polo organismo provincial e nun 70% pola Confederación Hidrográfica do Norte; así como na rúa da Veiga Alta, tamén mellorada con obras de case 28.000 euros, dos que a Deputación achegou o 70%.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



