Nopta de prensa
A DEPUTACIÓN PROMOVE A II COPA DEPUTACIÓN DE LUGO DE PIRAGÜISMO
Esta segunda edición contará, como a anterior, con seis regatas puntuables, organizadas cada unha delas no lugar dos seis clubs de piragüismo lucenses (Foz, Viveiro, Ribadeo, San Cibrao e Lugo [2] )
Estarán presentes todas as categorías, desde benxamíns a veteranos, e as probas disputaranse entre abril e setembro deste ano
Veiga destacou que “mantense a cantidade económica destinada á organización desta competición con respecto á primeira edición xa que se logrou que se incrementasen o número de fichas federativas co que máis xente practica piragüismo en Lugo”
LUGO, 17 de marzo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou esta mañá sobre a II Copa Deputación de Lugo de Piragüismo, da que onte na Xunta de Goberno da Deputación se aprobou o seu orzamento, e que se disputará este ano entre abril e setembro. Segundo indicou Veiga, “a proba, igual que na súa primeira edición, constará de seis regatas xa que cada proba é organizada en colaboración con cada club participante no seu lugar de orixe”.
Neste sentido, Veiga destacou que, tal e como se aprobou onte,“mantense a cantidade económica destinada á organización desta competición con respecto á primeira edición, 12.000 euros, xa que se logrou que se incrementasen o número de fichas federativas co que máis xente practica piragüismo en Lugo, porque este diñeiro redunda nos propios clubs e supón unha inxección económica importante en concepto de premios, ademais da propia motivación que supón pelexar por unha mellor clasificación e número de padexeiros inscritos, que tamén puntúa positivamente de cara a mellorar a clasificación na competición.”
Veiga lembrou que desde a chegada ao goberno da Deputación, un dos obxectivos que se estabeleceron desde a súa Área de Deportes foi “a revitalización dun deporte histórico en Lugo, como o piragüismo, comezando por volver a poñer en marcha a escola de Piragüismo que se atopaba en estado de abandono”. Deste xeito, o vicepresidente continuou explicando que “despois os esforzos centráronse en apoiar aos clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor do deporte, a través da mediación da Federación Galega de Piragüismo, para organizar esta competición da que hoxe poñemos en marcha a súa segunda edición, a Copa Deputación de Lugo de Piragüismo.
Tal e como o ano pasado, os clubs participantes poden inscribir a padexeiros de todas as categorías desde benxamín a veteranos en Kaiak, e desde infantil a veterano en Canoa. As regatas puntuables desta II Copa Deputación de Piragüismo son as seguintes:
29-04- Regata de Lugo (organizada polo Club Cidade de Lugo)
23-06- Regata de Lugo (organizada polo Club Fluvial de Lugo)
25-07- Regata de San Cibrao (organizada polo club local)
08-08- Regata de Viveiro (organizada polo club local)
02-09- Regata de Ribadeo (organizada polo club Altruán)
09-09- Regata de Foz, (organizada polo Kaiak de Foz)
As distancias que os participantes, tanto na súa categoría masculina como feminina, percorrerán na competición son:
-Para benxamíns e alevíns 1.500 metros
-Para infantil 3.000 metros.
-Para veteranos, sénior, júnior e cadete 5.000 metros
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
