ACIA FOZ CUMPRE 24 ANOS O VINDEIRO DOMINGO. JOSÉ CARLOS PALEO AGRADECE A LOITA E O ESFORZO DE TODOS OS SEUS ANTECESORES E O APOIO QUE TODOS OS SOCIOS LLES BRINDAN ÁS ACTIVIDADES E INICIATIVAS QUE SE ORGANIZAN.
Foz, 30 de marzo de 2012. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz segue a traballar en todas actividades que organizou para o vindeiro mes de abril e tamén en todas as que colabora.
O vindeiro domingo, 1 de abril, ACIA Foz cumpre 24 anos. O presidente José Carlos Paleo lembra “a loita de todos e cada un dos compañeiros que pasaron por esta asociación, primeiro creárona e despois organizaron infinidade de actividades para promocionar as compras no comercio tradicional da nosa vila. Unha tarefa que non é doada debido á proximidade dalgunhas áreas comerciais noutros puntos da comarca, e á tamén cercanía das cidades”. Paleo agradece tamén “a colaboración dos nosos asociados en todas e cantas iniciativas se levan adiante. Agardamos seguir contando con eles ao longo dos vindeiros anos. A situación actual non é fácil para ninguén, pero xuntos e asociados sempre poderemos defender mellor os intereses dos nosos sectores”.
Tamén o vindeiro domingo remata a I Ruta dos Viños, que organizou ACIA Foz e que se veu celebrando ao longo das últimas semanas. Agora o 27 de abril terá lugar o sorteo de 1.200 euros en vales de compra para gastar no comercio e na hostalería focense. Todas aquelas persoas que conseguiran os 35 selos dos locais participantes e depositasen as súas tarxetas nos lugares indicados entrarán en dito sorteo.
IX Ruta das tapas
Ademáis en todo está listo Foz para a celebración da IX Ruta das Tapas que terá lugar os días 6 e 7 de abril en plena Semana Santa. Trinta son os locais que se darán cita nesta edición. Cada un ofrecerá dúas tapas á súa clientela. O horario para poder desgustalas será de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa será de 1 euro. Segundo explica o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Foz, “un ano máis haberá un xurado profesional que se encargará de elexir ás mellores tapas desta novena ruta que se celebra en breve”.
ACIA Foz tamén estará presente no festival que se desenvolverá no peirao o vindeiro 5 de abril, xoves santo, e que contará coa actuación dalgunhas das mellores orquestras de Galicia: París de Noia e Panorama. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos colabora con este evento.
Festa normanda
José Carlos Paleo tamén contou que “serán as Delegacións de Cultura e Turismo do Concello as encargadas de organizar neste 2012 a Festa Normanda. Será os días 24, 25 e 26 de agosto. Nós colaboraremos con eles, ao igual que o resto dos grupos que participaron o ano pasado e outros novos que se unirán a esta cita”.
Remitido





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



