Alumnos do colexio Vista Alegre participaron esta mañá na plantación dun almendro para conmemorar o día da árbore. De realizar este traballo encargáronse os rapaces que gañaron o concurso convocado polo centro despois de dar con nome da árbore elexida empregando o menor número de pistas posibles. Os rapaces estiveron arroupados polo alcalde, José Mª González Barcia; pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán; e polas monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia.
