Inconfundible sabor a mar
Marzo e abril son os meses principais nos que nas nosas costas ten lugar a captura do ourizo mariño, un produto que, de recibir escasa atención gastronómica, pasou a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña.
Cervenses, turistas e visitantes, estamos citados en San Ciprián, este sábado, na súa Festa do Ourizo, convidados a probar este produto, procedente das augas da Mariña, agora que está en todo o seu esplendor e preparado polas valiosas mans dos cociñeiros locais.
Falamos dunha celebración que naceu como unha idea do propio pobo, por e para o pobo, destinada a enxalzar este equinodermo e que ano tras ano foi gañando peso en convocatoria e en calidade, ata conformar unha festa de prestixio que foi declarada de Interese Turístico Galego no 2008.
Neste impulso á nosa festa, teño que lembrar e recoñecer o papel e contribución dos autores desa primeira idea, e o feito de que foran os propios veciños quen a promoveran, pois aquilo que nace do pobo sempre ten éxito.
Desde as administracións estamos obrigados a prestar colaboración, a sumar os nosos esforzos a aquelas boas ideas que xurdiron do pobo. Así por exemplo, estase a visualizar o apoio decidido da Xunta de Galicia. Mostra evidente disto é que, as últimas edicións concitaron a presenza da Conselleira do Mar e do titular do departamento de Cultura do actual goberno galego.
A Festa do Ourizo está a converterse, por méritos propios, na cita gastronómica máis tradicional do municipio e a única deste tipo, na que se exalta un produto alimentario, que conta con esta distinción que outorga a Xunta.
Pero tamén é xusto significar que moito deste éxito é froito do elevado grado de implicación da veciñanza desde a súa orixe, ata na integración do produto exaltado nos hábitos culinarios da zona. Posto que a vila de San Ciprián está a ser, desde tempo inmemorial, un punto de extracción do ourizo de mar.
Unha festa que é espazo e destino común do esforzo conxunto dos hostaleiros, da Confraría de pescadores, … pero que ademais debe moito a todas as persoas que acoden atraídos por un dos produtos máis tradicionais das nosas augas salgadas.
Estamos convidados sempre a gozar da excelente calidade do ourizo, do seu inconfundible sabor a mar. Este sábado tamén, todos temos unha boa escusa para coñecer a riqueza gastronómica, paisaxística e cultura do pobo de San Ciprián, desta Península que presume con razóns e moitos méritos.
Jose Manuel Balseiro Orol


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



