FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO MELLOROU NOS ÚLTIMOS ANOS. O GOBERNO MUNICIPAL LEVA AO PLENO DE HOXE O PLAN DE SANEAMENTO ELABORADO PARA FACER FRONTE AO PRÉSTAMO QUE O ESTADO LLE CONCEDERÁ PARA PAGAR A DÉBEDA A PROVEEDORES. RIBADEO SEGUIRÁ ADIANTE COA SÚA POLÍTICA DE REDUCCIÓN DE GASTOS E MANTERÁ OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN Á CIDADANÍA.
Ribadeo, 28 de marzo de 2012. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, asegura que a situación económica do Concello mellorou nos últimos anos, aínda que recoñece que será complicada ata o 2016. Nesa data o Concello deixará de pagar os créditos que os distintos gobernos municipais viñeron solicitando anualmente ata o 2007, momento no que o BNG chegou á Alcaldía. O rexedor dixo que “será entón cando o Concello deixe de investir en préstamos para facelo no pobo”.
No pleno extraordinario e urxente convocado para ás 20:15 horas de hoxe someteráse a aprobación o plan de axuste elaborado polo goberno municipal. O alcalde referíuse “á motivación para xustificar o plan de saneamento financieiro que nós, como outros Concellos, tivemos que facer de cara a xustificar a conveniencia e a posibilidade de devolver axeitadamente o capital máis os intereses que o Estado nos vai prestar aos Concellos para satisfacer a débeda pendente a proveedores. Aínda que no caso de Ribadeo é menos abultada do que podía ser hai pouco tempo con todo segue a ser importante ao noso xuizo. Temos que facer unha planificación para xustificar que podemos devolver e facerlle fronte a ese préstamo que imos pedir. Todo o mundo sabe que o Concello non está ben, pero estivemos moito peor”.
Suárez Barcia relatou que “elaboramos un plan que hoxe presentaremos en pleno. No mesmo demóstrase con números que o Concello pode facerlle fronte a todo ese crédito e onde nos primeiros anos que veñen agora, ata o 2015 ou 2016, a situación será complicada, dado que o Concello xa ten moitos créditos enriba, aínda que sexan de épocas pasadas. Hai que lembrar que ata o ano 2006 pedíanse créditos ano tras ano, a pesares de que eran anos de vacas gordas e de licenzas de obras e anos nos que os gobernos do PP e do PSOE, onde nós tamén estivemos, pedían créditos de 400.000 ou 600.000 euros cada ano. E agora estamos pagando sen endebedarnos máis, pero aínda o último destes préstamos vence no 2017”.
O alcalde de Ribadeo indicou que “a partires de aí vámonos liberar desta pesada carga de préstamos que hai que devolver, pero empezaremos a ver a luz xunto co PXOM, que debería estar aprobado para daquela e que por lei, entre outras cousas, obrigará a facer unha revisión catastral a parte dos posibles ingresos por licenzas de obras que poida haber. A partires de aí o Concello deixaría de investir máis diñeiro en créditos para invertir no pobo. A que plantexamos nós é unha posibilidade, a outra sería sangrar aos cidadáns moitísimo máis, como estou convencido de que van facer outros moitos Concellos do noso entorno”.
Fernando Suárez lembrou que “esta política de contención e de reducción de gastos non acabamos de implantala agora senón que xa levamos todos estes anos de goberno municipal nos que ano tras ano estamos a gastar menos do que se ingresa para poder reducir esa débeda tan grande que tiña o Concello de Ribadeo. Ao mesmo tempo tamén estamos a manter con todas as consecuencias unha política tributaria onde os ingresos tendan a soster os servizos que o Concello presta, porque todo isto tamén o facemos porque o Concello debe e ten que seguir a prestar servizos e ao mesmo tempo ten que ser sostible”.
Para o rexedor ribadense “non se trata de non gastar para non facer nada, trátase de gastar con eficiencia porque os baches haberá que seguir amañándoos, os servizos sociais, e aquí cando outras administracións brillan pola súa ausencia como a Xunta, o Concello terá que facerse cargo e terá que seguir invertindo en cultura, en educación e en dinamización do emprego. Confiemos que no pleno de hoxe se aprobe este plan de saneamento financieiro que plantexamos desde o goberno municipal de Ribadeo”.
Remitido





















Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



