Nota de prensa
Máis de 4.000 rapaces de 51 colexios da provincia participarán nas actividades da Deputación polos Días da Árbore e da Auga
![]()
– A Deputada de Medio Ambiente anunciou que os actos desenvolveranse de xeito simultáneo o xoves 22 e terán como eixos a lectura nas aulas do conto infantil Dona Pinga e Don Carballo fan Amizade e a plantación dun carballo no entorno de cada centro
– Os colexios que decidiron sumarse ó programa recibirán de maneira gratuíta o libro –un por alumno- e a árbore para celebralas actividades, financiadas ó 70% pola UE
– A educación dos nenos no respecto ó medio ambiente e o fomento de hábitos saudables no consumo de auga, especialmente neste ano de seca, son os obxectivos da institución luguesa con esta iniciativa, que desenvolve por primeira vez
A Deputación de Lugo conmemorará os Días Internacionais da Árbore e da Auga cun programa de actividades escolares que se desenvolverán o vindeiro xoves 22 e nas que participarán máis de 4.000 rapaces de 51 colexios públicos da provincia, segundo anunciou este luns a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo. Trátase da primeira vez que o organismo provincial promove estes actos conmemorativos, que terán como eixos a lectura nas aulas dun conto infantil, Dona Pinga e Don Carballo fan Amizade -editado especialmente para a ocasión- e a plantación dun carballo nas inmediacións de cada centro. Os colexios que decidiron sumarse ó programa recibirán de maneira gratuíta o material necesario para a celebración, organizada a través da segunda fase do programa Lug02, dotado con 6,5 millóns de euros, que achega a Unión Europea nun 70%. A iniciativa forma parte ademais da axenda de actos culturais e divulgativos que a Deputación promove con motivo do 10º aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
“A educación dos nenos no respecto ó medio ambiente e o fomento de hábitos saudables no consumo de auga, especialmente neste ano de seca, que pode pasar á historia como o máis seco dos últimos 70 anos en Galicia e o menos chuvioso en Lugo no que vai de século”, son os obxectivos desta iniciativa, explicou a Deputada, engadindo que o proxecto “dá continuidade ás actividades de difusión e concienciación que vimos organizando na Deputación para nenos e maiores, pois estamos convencidos de que o desenvolvemento sostible dos noso grandes recursos naturais pasa polo empeño institucional, pero tamén moi especialmente pola implicación de toda a sociedade”.
Sonsoles López indicou que o organismo provincial céntrase agora nos Días da Árbore e da Auga porque “representan dúas das maiores calidades da nosa provincia: A primeira, gozar dunha fermosa e rica flora, de ser unha terra verde por natureza grazas ás fragas, bosques e vexetación abondosa; de feito, a superficie forestal ocupa o 68% do total da provincia e desta, un 63% é monte arborizado; e a segunda calidade, ser unha terra de choiva, de ríos e de rías. A provincia conta con catro rías e 14 ríos, cos seus incontables afluentes, ademais de lagoas, brañas…”
Horarios da xornada
O Día da Árbore celébrase a nivel mundial o 21 de marzo e o da Auga, o 22, pero as actividades organizadas pola Deputación celebraranse de maneira simultánea nesta segunda xornada, o xoves 22, no seguinte horario:
Ás 11:00 horas.- Rapaces e profesores lerán na aula o conto Dona Pinga e Don Carballo fan amizade, e falarán da historia, na que se narra o ciclo da auga seguindo as aventuras dunha pinga viaxeira e os seus encontros cun carballo sedentario. Despois traballarán na unidade didáctica que inclúe o libro, que ofrece consellos para saber máis das árbores e da auga en relación coa conservación da vida e da natureza. Cada centro recibirá un exemplar por alumno.
Ás 11:30 horas.- Os nenos de cada colexio elixirán un nome para a árbore que despois plantarán. O xogo consistirá en propoñer varios nomes, escribilos nun papel e sacar un deles ó azar.
Ás 12:00 horas.- Será a Hora da Árbore e da Auga en toda a provincia, pois no espazo escollido polo colexio os cativos plantarán un carballo e regarano por primeira vez. Deste xeito, farán o seu bautizo poñéndolle o nome que elixiron.
Invitación a tódolos colexios
A Deputación quixo que esta xornada fose o máis participativa posible, polo que invitou a sumarse a tódolos colexios públicos lucenses a través dunha carta dirixida ós directores. Finalmente, fixérono 51 centros de 50 Concellos. Son os seguintes, divididos por comarcas:
– A Mariña (15): Gregorio Sanz de Ribadeo; Castro de Ouro de Alfoz; San Miguel de Reinante e San Cosme, de Barreiros; Virxe do Carme e Vista Alegre de Burela; CEIP de Cervo; Nº1 de Foz; CEIP de Riotorto; Celso Currás de Trabada; Santa María do Valadouro; CEIP do Vicedo; Antonio Pedrosa Latas de Viveiro; Pedro Caselles Rollán de Xove; e Juan Rey de Lourenzá.
– Zona Sur (14): Rosalía de Castro de Bóveda; Xosé Luís Taboada de Carballedo; Xoán de Requeixo de Chantada; Ricardo Gasset do Incio; CEIP de Monforte de Lemos; Monte Baliño de Pantón; San Miguel de Paradela; CEIP do Páramo; CEIP da Pobra do Brollón; Virxe da Luz de Portomarín; CEIP de Quiroga; CEIP de San Clodio, en Ribas de Sil; CEIP de Currelos, no Saviñao; e Eduardo Cela Vila de Triacastela.
– Lugo (4): CEIP do Corgo, CEIP de Lousada, en Guntín; e As Mercedes e Rosalía de Castro, en Lugo.
– Terra Chá (10): Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín; Ramón Falcón de Castro de Rei; CEIP de Muimenta; Lagostelle de Guitiriz; Laverde Ruíz de Outeiro de Rei; O Salvador da Pastoriza; Rosalía de Castro de Pol; Otero Pedrayo de Rábade; CEIP de Xermade, e CEIP de Baamonde.
– A Ulloa (3): CEIP de Antas de Ulla; CEIP de Monterroso; CEIP de Palas de Rei.
– A Montaña (5): Ponte de Doiras de Cervantes; San Xoán de Becerreá; Santa María da Fonsagrada; CEIP das Nogais; e Aníbal Otero de Ribeira de Piquín.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



