Nota de prensa
O goberno do Concello de Foz, que dirixe o popular Javier Jorge Castiñeira ven de anunciar a posta en marcha de unha brigada de persoal do concello que se dedicará a facer traballos nas parroquias do mesmo. Esta brigada que pasará a depender da concellería de Medio Rural e Pesca que dirixe Pedro Fernández Manín é o resultado da reorganización do persoal que estaba asignado ao departamento de limpeza e recollida de lixo.
Según nos manifesta Fernández Manín, unha vez mais o Partido Popular cumpre outra das promesas que levaba no seu programa electoral. Esta brigada está formada por 3 persoas incluída a asinada a condución do tractor , fará o seu traballo no medio rural, rozando e atendendo as necesidades que urxan nas estradas e camiños municipais, ademais de apoiar o departamento de obras cando desenrolen traballos nas mesmas.