Foto da estadía de varios membros da asociación Aspanane de Viveiro nos estudos da Radio Valadouro para gravar un coloquio do programa Parolando. O coloquio gravouse na mañá do pasado venres, día 23 de marzo, para ser emitido o vindeiro xoves, día 29 de marzo. Na foto vemos, de esquerda a dereita, a Alicia Lage, psicóloga de Aspanane, Ruth Rodríguez, copresentadora do programa e os membros de Aspanane Oliva, Ángeles, Suso e Fernando. De pé, detrás deles, aparece outro dos presentadores de Parolando, Matías Nicieza.

























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



