Nota de prensa:
BURELA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA O QUINTO ANIVERSARIO DO ESTACIONAMIENTO PARA AUTOCARAVANAS, UBICADO NO PARQUE DO CAMPÓN. CONCELLO E AGA ORGANIZARON VARIOS ACTOS QUE DARÁN COMEZO MAÑÁ ÁS 10:30 HORAS.
Burela, 16 de marzo de 2012. Burela celebra esta fin de semana o quinto aniversario do estacionamento para autocaravanas, ubicado no parque do Campón. Concello e asociación galega de autocaravanas (Aga) organizaron varios actos.
Segundo explica a concelleira de Turismo, Mónica Pedre, “esta fin de semana daránse cita en Burela 120 ou 130 autocaravanas. Moitas delas xa se poden ver hoxe na zona portuaria e no propia área de estacionamento do Campón. Mañá sábado e o domingo haberá varios actos sinxelos, debido a situación de crise pola que está a atravesar o país”.
Mañá sábado ás 10:30 horas terá unha recepción na Casa da Cultura na que estarán o alcalde, José María González Barcia e Mónica Pedre, seguida da entrega dunha figura institucional de Burela á dito colectivo. E ás 11 terá lugar a asamblea anual da asociación galega de autocaravanas. Xa pola tarde a partires das 17 horas haberá visitas ao barco museo Reina del Carmen. “E o domingo ás 12 do mediodía desenvolveráse un itinerario a pé desde a zona portuaria ata a praia da Marosa para irlles explicando os accidentes xeográficos e as configuracións da costa de Burela en todo ese treito”, dixo Mónica Pedre.
A concelleira de Turismo agradeceu “a colaboración dos establecementos hoteleiros que manifestaron a súa intención de participar na celebración deste evento e tamén a sensibilidade que tivo a asociación galega de autocaravanas para lembrar o quinto aniversario da creación de este estacionamento”. Pedre considera que “é un bó motivo para potenciar Burela dentro deste sector e agardo que poidamos celebrar no futuro máis experiencias similares”.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



