O PP NON PRESTA O SEU APOIO AO PLAN DE AXUSTE PROPOSTO POLOS NACIONALISTAS RIBADENSES
Na sesión plenaria que se desenvolvía no Concello de Ribadeo na tarde de onte sometíase á aprobación do Pleno o plan de axuste que o goberno municipal remite ó Ministerio de Hacienda a fin de ter acceso ó fondo estatal destinado ó pago a proveedores, aprobándose pola maioría absoluta do goberno do BNG coa oposición en bloque dos demais grupos políticos.
En primeiro lugar, o plan proposto non pode gozar do apoio do grupo popular en tanto que non se contou en absoluto con este grupo para a súa elaboración (como xa nos teñen acostumados) pese a que os compromisos que se van adquirir comprometen e condicionan a xestión futura do concello ata o ano 2.022, isto é, 3 mandatos. Consideramos probable que durante estes dez anos outros grupos políticos poidan ter responsabilidades de goberno polo que se debería ter contado coa súa opinión ou ter escoitado as súas propostas.
Por outra banda, o voto en contra do Grupo Popular está tamén fundamentado no noso desacordo coas medidas propostas no propio plan, ou, para ser máis exactos, coa falta de medidas concretas e dun compromiso de austeridade e control do gasto.
O plan de axuste baséase, como non podía ser doutro xeito, en tentar incrementar os ingresos e reducir os gastos. O primeiro conséguese, basicamente, con un incremento da carga fiscal e coa situación derivada da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A respecto das subidas de taxas e prezos públicos xa se ten posicionado o Grupo Popular considerando moi abultado o incremento da carga impositiva que se ten realizado a finais do pasado ano, máxime cando ésta se realiza na práctica totalidade dos impostos dos servizos imprescindibles (auga, lixo, vehículos, etc). Resulta tamén estraño, cando menos, que despois das críticas que o PP tivo que escoitar porque o goberno de España incrementou o IBI nun 10% de forma provisional, o goberno nacionalista decida agora converter esta subida en definitiva en un arranque de incoherencia política. A gran salvación dos ingresos municipais a partires do 2.016 será, sen embargo, o Plan urbanístico que traerá aparellado un incremento na recadación por licenzas e taxas, pola revisión catastral que actualizará os valores das fincas e construcións e pola conversión en urbanas de un grande número de fincas rústicas.
No apartado do aforro en gastos prodúcese a maior discrepancia do grupo popular pois éste limítase a algúns recortes técnicos baseados na obviedade de que en anos vindeiros non se repetirán gastos puntuais coma a homenaxe a Calvo-Sotelo no aniversario do seu pasamento ou as indemnizacións por procedementos laborais denunciados polo persoal. Se ben parece lóxico este razoamento, non é menos lóxico o prantexamento que desde o grupo popular se lles facía mencionando a posibilidade de que puideran xurdir no futuro outros compromisos puntuais que se amosase preciso atender. Non parece, por tanto, ésta a forma de prantexar un aforro que consideramos que debería ir na liña de redución ou axuste do gasto. Existen, a consideración do PP, unha serie de medidas que se poderían adoptar por parte do goberno das que se propuxeron na sesión plenaria algún sinxelos exemplos:
Redución de persoal de confianza e servizos prescindibles: neste momento de axustes, con unha maioría absoluta, o alcalde e un concelleiro liberados e un importante número de persoal técnico ó servizo de tódalas delegacións, non parece necesario contar con unha secretaria particular do alcalde ou un gabinete de prensa do goberno;
Renegociación de servizos: o goberno debería comezar a revisar as concesións e servizos correntes coma a luz, as telecomunicacións, a limpeza, etc e, aproveitando a resolución das débedas pendentes ós proveedores abrir unha vía de negociación que obrigara ás empresas a axustar os prezos pois, na situación actual, non poden seguir sendo os mesmos que en épocas de bonanza económica;
Plan de redución de custos correntes: existen formas de aforro de custes que pasan por unha simple racionalización e control dos gastos máis nimios pero máis comúns: papel, tinta, teléfono, calefacción,… ou, no caso dos servizos externos un correcto e minucioso inventariado do material municipal e unha obriga de asumir responsabilidades no seu uso para os traballadores,
Reestructuración de servizos moi deficitarios: existen servizos municipais básicos para a cidadanía nos que se fai un esforzo de achegamento entre o custe do servizo e a recadación pero existen outros, máis prescindibles en momentos de afogo económico das arcas municipais nos que se require unha restructuración, como pode ser o caso da Escola de Música (e vaia por diante que o grupo municipal popular non está a propor a desaparición da escola senón unha revisión do servizo prestado e os custes).
Mancomunar servizos con outros concellos veciños pode ser unha forma importante de ofrecer á cidadanía a atención debida en cuestións sobre todo de asesoramento, formación, etc ou en servizos básicos repartindo os custos. A ruptura cos localismos está chamada a ser unha solución a problemas de financiación municipal
Redución de contratos externalizados que, considerando o seu obxecto poden ser prestados por persoal municipal; existen determinados servizos que se están a contratar con empresas externas tirándose moi pouco proveito do abultado persoal municipal do concello, por exemplo en temas deportivos, culturais ou medio ambientais
Aproveitamento máis axeitado e exhaustivo de financiación externa; o concello está a deixar perder importantes oportunidades que se lle brindan desde outras administracións para acometer inversións ou servizos, como exemplo basten dúas situacións: a asesoría xurídica gratuíta para os concellos que presta a Deputación provincial e que o concello de Ribadeo desbota e contrata a privados ou as subvencións da Xunta de Galicia que o goberno non solicita e que podían supoñer dotar de servizos ou infraestruturas ó noso concello a baixo ou nulo custe de fondos propios: subvención de industria para infraestruturas xerais no polígono industrial ou subvención do INEGA para elaboración ou implantación de plans de aforro enerxético
En definitiva, que o Partido Popular non concorda coa posición do goberno nacionalista neste plan de axuste por considerar que os esforzos que estamos a facer os cidadáns deben reflictirse en medidas concretas de austeridade e compromiso coa redución do gasto por parte da administración local, sexan estas as propostas polo grupo popular ou outras que se poderían acordar entre os partidos políticos e blindarían para os ribadenses un futuro de responsabilidade política con unha xestión eficiente, austera e lonxe de opulencias propias doutras épocas de gloria que nos levaron á situación actual.
Remitido





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



