A AVV O Tesón comezou o venres 9 un novo ciclo de catro actividades de cine forum
co nome xenérico de ‘Indignados’. As dúas primeiras películas comentadas foron de temática de
referencia medioambiental: Taking Root (‘Collendo raíces’), a historia do movemento ‘cinturón
verde’ de Wangari Maathai, premio Nobel da Paz, e “Una verdad incómoda”, cinta na que Al Gore,
político estadounidense, expón os feitos do cambio climático e aboga por un cambio de mentalidade
para resolver o problema. Coa terceira, “Inside Job”, comezou a segunda parte do ciclo, de temática
socioeconómica, rematando este venres 30 de marzo con “La doctrina del shock”, inspirada no libro
de Naomi Klein, onde se tratan as causas da crise financieira actual.
Como calquera dos venres anteriores, a actividade, de participación libre e gratuíta,
consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á
posta en común e a propio foro de ideas e sentementos sobre a temática.