Manolo García e José López (Celeirao), serán os protagonistas. Trátase da presentación do novo número da Revista Galega de Educación, que terá lugar o sábado día 10 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Participarán tamén Francisco Veiga (membro do secretariado de NEG), Xesús Rodríguez (Director da Revista Galega de Educación) e Vidal Martínez-Sierra (Alcalde do Concello de Lourenzá).
