No uso das atribucións conferidas pola Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, convoco sesión ordinaria do Pleno Municipal para o día 16 de abril de 2012, LUNS ás 19 horas no Salón de Sesións da Casa Consistorial, que se celebrará coa orde do día seguinte:
1º) Aprobación da acta da sesión anterior de data 13 de febreiro de 2012.
2º) Conta Xeral do orzamento municipal correspondente ó exercicio de 2011. Aprobación definitiva. Adopción de acordo.
3º) Rendición de informe sobre cumprimento dos prazos previstos na Lei 15/2010, de 5 de xullo de modificación da Lei 3/2004 de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais ( 1º Trimestre de 2012). Dar conta.
4º) Expediente de modificación de créditos do orzamento municipal de 2012 nº: 3/2012 por importe de 68.900,00€uros. Aprobación inicial. Adopción de acordo.
5º) Designación de Xuíz de Paz substituto do Concello de Xove. Adopción de acordo.
6º) Resolución de Alcaldía sobre delegación na Xefatura Provincial de Tráfico do exercicio das competencias municipais en materia sancionadora por infracción das normas de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial cometidas nas vías urbanas do Concello de Xove. Ratificación ou refrendo. Adopción de acordo.
7º) Escrito presentado pola Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense ( A MARIÑA – COGAMI) interesando a autorización municipal para a determinación dunha nova data de inicio do prazo de duración da cesión gratuíta de unha parcela municipal para construción dun centro de recursos para persoas con discapacidade aprobada polo Concello Pleno en sesión de data 13 de outubro de 2008. Adopción de acordo.
8º) Ordenanza Municipal reguladora da limpeza, salubridade e ornato de espacios públicos no Concello de Xove. Aprobación inicial. Adopción de acordo.
9º) Moción do Grupo Municipal do BNG interesando a mellora dos accesos o antigo Colexio de Palmeiro. Adopción de Acordo
10º) Rogos e Preguntas.
A tal efecto por Secretaría citaráse ós Sres. Concelleiros para que concorran á mesma, distribuíndolle-la “Orde do día”, compresivo dos asuntos a tratar, acompañando borrador ou borradores das actas anteriores, recordándolles que de conformidade co disposto no art. 72 do Real Decreto Lexislativo, 781/1986 de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, é obrigatoria a súa asistencia de non existir causa xustificada que llo impida e que coa debida antelación deberá comunicar a esta Presidencia, en evitación da sanción en que noutro caso puidera incorrer con arranxo ó art. 78.4 daquela Lei, en relación cos arts. 73 y 59 do citado Texto Refundido.
A tenor do establecido no art. 90 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de novembro de 1986, si en primeira convocatoria non existise o quórum de asistencia dun tercio do número legal de membros da Corporación, entenderase automaticamente convocada á mesma hora, dous días despois, sempre que concorra en día hábil.
Así o manda e asina o Sr. Alcalde-Presidente D. José Demetrio Salgueiro Rapa, en Xove a doce de abril de dous mil doce.
Remitido