Do 10 de marzo ó 7 de abril, o CENIMA de Foz quixo apostar por unha proposta innovadora, fresca e potente, a exposición colectiva “Oscilacións”, na que novos valores da arte contemporánea como Marta Quero, Jesús Fernández Escudero, Álvaro San Román, Verónica Vicente, Cintia Villavicencio, Claudia Mareco, Isabel de Diego, Carlos Espinosa, Andrea Prado (non está presente nesta ocasión) e o viveirense David Catá, quixeron manifestar a través da fotografía e da videocreación a súa percepción da ausencia. Esta mostra prosegue agora o seu percorrido en Madrid, na SALA EFTI / ESPACIO OFF, da Escuela de Fotografía y Centro de Imagen. A inauguración será este venres, 20 de abril, ás 20:30 h. e poderá verse ata o 27 de maio.
A exposición colectiva “Oscilacións” viaxa dende o Cenima a Madrid
A exposición colectiva “Oscilacións” viaxa dende o Cenima a Madrid
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón