Por primeira vez en Alfoz, en concreto na parroquia de San Pedro de Mor, tivo lugar este pasado xoves, día 5 de abril, unha procesión relixiosa celebrada pola festa do Xoves Santo.
Na procesión exhibíronse as imaxes do Cristo Xacente e da Virxe das Dores e o paso percorreu o adro da igrexa parroquial.
O acto tivo lugar despois dos oficios do Xoves Santo e estivo organizado pola Confraría do Cristo Xacente e da Virxe das Dores de Alfoz e O Valadouro. Participaron no acto numerosos fieis dos dous concellos.
Remitido