ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas do Eume e sinala as responsabilidades da Xunta
A reacción cidadá perante a catástrofe ecolóxica do Eume non se fai esperar: este luns 2 ás 20h constituirase en Pontedeume a Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume da que ADEGA fará parte. Trataremos de sensibilizar á opinón pública do valor ecolóxico que aínda conservan as Fragas; demandaremos da Xunta medidas para remediar no posible os impactos do lume no ecosistema do Parque e esixiremos unha investigación exaustiva das causas do incendio e as responsabilidades penais e políticas que procedan. ADEGA chama tamén a participar nas diversas concentracións de protesta por esta catástrofe que se están a preparar nas principais vilas e cidades galegas. É unha traxedia para o País, que a cidadanía non pode esquecer nen perdoar!
Independentemente das causas do lume nas Fragas, claramente intencionado, ADEGA cre preciso promover unha reflexión que trascenda a coxuntura particular deste incendio. Cómpre analisar as causas de fondo, tando das políticas de loita contra o lume e de xestión dos nosos montes como das de conservación, e non esquecermos esixir responsabilidades aos que as deseñaron e executaron.
Encol da política forestal, a cidadanía merece que a administración resposte a estas cuestións chaves:
-Quen recurtou en 20 millóns de € os orzamentos para prevención e 2 millóns de € para extinción?
-Quen promove unha Lei de Montes que reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de máis de 50 ha continuas?
-Quen reduciu significativamente e precarizou os operativos de loita contra o lume, eliminou o Voluntariado do Monte, suspendeu as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivou as UXFOR e abríu a porta á especulación do monte coas SOFOR?
E a respeito das políticas de conservación, cómpre tamén reflexionar sobre a actual situación dos nosos espazos protexidos, abandoados á súa sorte, sen investimentos nen iniciativas (PORN, PRUX) que garantan a conservación do patrimonio natural que atesouran. E non só iso: a Xunta levou a cabo unha estratexia de demolición controlada destes espazos, através das modificacións da Lei do Solo, do POL, do PDA, que rematou finalmente cun Plano Director da Rede Natura para permitir nas zonas de maior valor ambiental, piscifatorías, incineradoras, caza, rallys, recualificar solo rústico…
Todas estas iniciativas son responsabilidade da actual Xunta e non son alleas á catástrofe que agora sofren as Fragas do Eume. Non é isto tan delictivo como a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume?























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



