UNHA COMISIÓN DE ALCALDES DO BNG, PSOE E INDEPENDENTES DIRIXIRANSE Á CONSELLARÍA DE SANIDADE PARA QUE MANTEÑA O FINANCIAMENTO DO SAF AOS CONCELLOS
O PP negouse a participar nesta comisión que pretende facer ver á Xunta a necesidade do mantemento dos servizos sociais nos concellos con menos recursos económicos
Antonio Veiga “debemos buscar entre todos unha solución e aportar o propio para que a xente que o necesita non quede sen axuda diante deste golpe ao Benestar que a Xunta deu con este Decreto”
Lugo, 26 de abril de 2012. Esta mañá, o vicepresidente da Deputación e delegado das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, xunto a Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo e portavoz do BNG na Deputación, mantiveron unha xuntanza con todos os alcaldes da provincia coa finalidade analizar a problemática xurdida aos representantes dos concellos para a prestación dos seus servizos de axuda no fogar tralo decreto da Xunta no que elimina o financiamento deste servizo aos concellos menores de 20.000 habitantes, é dicir, todos os de Lugo menos o propio concello da capital.
Trala convocatoria, realizada desde a Área de Benestar Social da Deputación de Lugo, á que acudiron alcaldes e concelleiros da área de benestar da práctica totalidade dos municipios da provincia, pertencentes a todos os partidos políticos e independentes (como o alcalde de Rábade), así como persoal técnico encargado da prestación de servizos sociais neses concellos, tomouse a principal decisión de formar unha comisión na que estivesen representados todos os concellos da provincia, escollendo un portavoz por partido político (un polo BNG, un polo PSOE, un polo PP e outro polos independentes), para dirixirse á conselleira de Sanidade e estabelecer unha xuntanza e negociación para entre os concellos, Deputación e Xunta de Galiza manter o servizo de axuda no fogar na provincia de Lugo. Como resultado, a comisión formarana Antonio Veiga como responsábel de Benestar da Deputación de Lugo; Severino Rodríguez, alcalde do BNG de Monforte; Darío Campos, alcalde da Pontenova do PSOE e está por definir por parte dos alcaldes independentes quen acudirá).
Para Antonio Veiga, “o novo modelo de financiamento do servizo de axuda no fogar é o correlato lóxico da política de recortes do gasto social que está a levar adiante o Goberno da Xunta e o do Estado, realizando durísimos axustes que van en contra das maiorías sociais e dos máis necesitados e derivando as competencias a outras administracións”.
Neste sentido, Veiga advertiu que “a retirada da axuda autonómica para o servizo de axuda no fogar en significa poñer en risco a milleiros de persoas que poden quedar sen esta prestación xa que os concellos son incapaces de asumir a totalidade do orzamento que lles supón poñer en marcha este servizo. A este respecto, debemos ter en conta que o custe do servizo de axuda no fogar básico nos 66 concellos da provincia de Lugo que fican excluídos de financiamento autonómico é de 2.514.931,87 euros. Pénsese que a Xunta de Galiza demandaba da Deputación de Lugo que aportase para este servizo unha contía semellante á recollida no Plan Concertado de 2011, isto é, 454.436 euros, unha cantidade a todas luces insuficiente e que é menor da que aporta nesta anualidade a propia Deputación, 600.000 euros”. Veiga tamén lembrou que “o compromiso en materia de Benestar da Deputación de Lugo é claro, xa que ano a ano foise incrementando a cantidade para a axuda no fogar, subindo de 500.000 a 600.000 euros de 2011 a 2012, pero é xustamente o contrario que realiza a Xunta de Galiza, baixando ano a ano até este ano consignar 0 euros para concellos menores de 20.000 habitantes, polo que o que temos que demandar é un compromiso económico por parte da administración autonómica”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



