Proxecto IdA Explorer! BBZ
Alumnos da Mittelschule de Bobingen (Baviera– Alemaña) no IES Perdouro de Burela
Alumnos da Mittelschule da localidade alemana de Bobingen acompañados por dous monitores, Luisa Huiguera e Jens Hase, están de visita en Burela como parte dun programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer! entre o centro de ensinanza “IES Perdouro” de Burela e Centro de Capacitación Profesional “Berufsbildungszentrum” (BBZ) de Augsburgo. Os 15 rapaces alemáns de idade comprendida entre os 13 e 15 anos permanecerán tres semanas (de 9 a 30 de abril) na vila, onde se aloxan coas familias galegas.
Trátase dun proxecto piloto alemán cuxa finalidade é incrementar as oportunidades de estudos da xuventude. Este proxecto transnacional, en plena consonancia co proxecto educativo Modelo Burela, impulsado polo Perdouro, está respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e polo Fondo Social Europeo. A Vicedirección, en calidade de responsable dos Proxectos Europeos, leva 2 anos traballando co Centro de Capacitación Profesional Berufsbildungszentrum (BBZ) de Augsburgo, Alemaña. O convenio entre o IES Perdouro e a BBZ enmárcase no proxecto IdA EXPLORER! para fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. O IES Perdouro forma parte deste proxecto xunto a 5 entidades sociais de Italia, Austria, Hungría, Polonia e Alemaña.
Un Programa Intenso
Esta acollida estivo promovida pola Vicedirección, que deseñou un completo programa de actividades académicas e culturais para o goce dos rapaces na súa estadía en Galicia.
Os alumnos alemáns foron recibidos polo director do instituto, Juan Gabriel Sama Díez, quen lles explicou o programa de actividades, que combina formación académica e unha serie de obradoiros das distintas familias profesionais ofertadas polo centro: perrucaría, xestión administrativa, electrónica e mecanizado.
Ademais os rapaces participantes no encontro tamén foron recibidos o pasado martes 10 de febreiro polo tenente de Alcalde, Manuel Fernández Valle e a concelleira de Cultura e Educación, Mónica Pedre, nun acto de benvida no Salón de Plenos.
Unha axenda completa cun itinerario marcadamente empresarial por Galicia
As finalidades do proxecto Explorer son: 1) a orientación profesional dos rapace; 2) o coñecemento da actividade empresarial da Mariña.
Durante o día seguinte á súa chegada a Burela, coñeceron a fábrica de Sargadelos e o proceso de fabricación da cerámica e visitaron do Museo do Mar de San Cibrao.
Relativo ás actividades pesqueiras, o mércores 4 de abril, realizaron unha visita ao porto e lonxa de Burela onde foron recibidos por D. José Basilio Otero Rodríguez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela, e por Juan Ramón Pernas que lles explicou a actividade do estaleiro Armón.
O pasado venres, visitaron as instalacións da nova fábrica de Hermida de Lourenzá. Angel Hermida explicoulles a actividade da madeira. Posteriormente a delegación xermana visitou o Museo da Faba.
O luns foron testemuñas da fabricación dun xornal na rotativa do Progreso de Lugo e coñecerán o noso patrimonio da humanidade, a muralla de Lugo.
O mércores 18, visitarán as factorías de Alcoa de San Cibrao e Vestas en Chavín.
En Burela, Santiago Santos Rey guiará o grupo de escolares na visita ás instalacións de Garsán e explicaralles o proceso de fabricación de mecanizados. Asi mesmo coñecerán o funcionamento da Cristalería Burela da man de José Casas.
Realizarán a visita á empresa de cárnicas de Río Torto O Mazo onde coñecerán de primeira man o proceso de elaboración de embutidos e derivados.
Por último, completarán o abano de actividades sectoriais, coa visita á fábrica de Coca Cola en Coruña, cidade na que se achegarán ata a Casa do Home, a Casa dos Peixes e a Torre de Hércules.
Remitido























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



