Para isto recurtou o PP a Rede Natura: eólicos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas
4 de abril de 2012. A cativa ampliación da Rede Natura 2000 que hai uns meses presentou a Xunta contrastaba coa proposta que a administración tiña lista en 2008. As razóns dos “recurtes”? Deseñar uns espazos protexidos a medida dos intrereses amigos. Agora as probas desta “doma e castración” da Rede Natura galega abrollan: o que ía ser un dos LICs máis extensos na prevista ampliación de 2008, a Serra do Barbanza, caeuse da proposta do PP para deixar sitio á cobiza da patronal eólica. Nada menos que 3 hábitats cuxa conservación é priporitaria para a UE e ducias de especies ameazadas e endemismos sufrirán os efectos dos recurtes de Feijóo e Hernández. Até cando imos consentir esta aldraxe?
As instalacións do parque eólico “O Barbanza”, promovidas por Norvento, sitúanse sobre unha área proposta pola Xunta en 2008 (bipartito) para formar parte da Rede Natura 2000 e designada como “LIC Serra do Barbanza” (cód. ES1110019), cunha extensión de 4.711,15 hectáreas. Este novo LIC respostaba á necesidade de aumentar a representatividade dos hábitats húmidos da rexión bioxeográfica atlántica. Casualmente, este espazo “caeuse” recente proposta de ampliación presentada polo PP, malia a contar cunha serie de valores naturais sobre cuxa insuficiente representación en Galiza, a UE apercibíu en repetidas ocasións a España:
Na Decisión da CE, 2004/813/CEE, do 7 de decembro de 2004, pola que se adopta a listaxe de Lugares de Importancia Comunitaria da Rexión Bioxeográfica Atlántica (DOUE L 387, 29/12/2004), formúlase para o estado español a necesidade de mellorar a representatividade de determinados hábitats, contando en Galiza cos tipos prioritarios Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e E. tetralix (4020*) e as Turbeiras altas activas (7110*), entre outros. Transcorridos 7 anos dende esta Decisión, e perante a renuencia do estado español e da Xunta a ampliar a representividade destes hábitats, a Comisión voltou a lembrar, en resposta a unha nova pregunta escrita do grupo Verdes-ALE (E-000364/2011) que “os hábitats de interese comunitario 7110 «Turbeira alta activa» e 7140 «Turbeiras de transición e flotantes» non están suficientemente representados na rexión de Galiza” polo que o “Reino de España debería designar como LCI [LIC] varias zonas máis para cubrir as insuficiencias observadas en Galiza”.
Este parque eólico “O Barbanza” ocupará áreas con presenza non de un, senón nada menos que 3 hábitats prioritarios: Breixais húmidos atlánticos, cód. 4020*; Turbeiras altas activas (7110*) e Formacións herbosas con Nardus (6230*), para os que a Directiva 92/43 CE de Hábitats establece a necesidade de adoptar medidas especiais de protección. Alén disto, as pistas, gabias, subestacións, muíños, etc. van ocupar un humidal incluido no Inventario dos Humidais de Galiza, concretamente as “Brañas da Serra do Barbanza” (código 1110118). E a respeito das especies protexidas, ducias de taxóns vexetais e animais incluidos no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, moitos deles endémicos, van verse “afectados” por estas obras. Resulta patético que a empresa (Norvento) diga no seu Estudo de Impacto que “No referente ás medidas preventivas e correctoras nos Planos de Conservación das especies do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, […] presentes na zona de afección, […] solicitouse á documentación pertinente a administración, sen recibir resposta”. Como van recibir resposta se a Xunta só presentou en 5 anos 4 planos de Conservación das máis de 200 especies ameazadas galegas?
Este é outro exemplo da demolición controlada a Xunta está a perpetrar na RN2000. Tanto ten que perdamos o millor do noso patrimonio natural; tanto ten que a UE ameace con fortes multas (que pagarermos todos/as) para castigar a preguiza da administración e que as leis ambientais sexan sistemáticamente violadas: o que importa é que uns poucos poidan seguir chuchando do teto eólico mentres a nosa natureza convírtese nun inmenso polígono industrial en ruinas.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



