O Goberno Provincial rexeita o medicamentazo e os recortes sociais apoiados por un PP que aproba unha Amnistía Fiscal
– Martínez recrimina ó PP que aprobe aplicar ós defraudores impostos do 10% fronte ó 24% dos contribuíntes mentres se nega a suprimir a taxa das menciñas e a manter as Axudas no Fogar ou o Plan de Obras e Servizos, “machacando ós que menos recursos teñen e enganando á xente”
– Malia que todas as Deputacións de España acordaron por unanimidade instar ó Goberno Central a manter o POS, o PP lugués votou en contra desta iniciativa aprobada polo Pleno para garantir as máis de 100 obras municipais deste proxecto, que contribúen a frear o despoboamento e o paro
O equipo de Goberno Provincial, composto por PSOE e BNG, acordaron hoxe no Pleno esixir ó Executivo Central e ó Autonómico a derogación do medicamentazo que grava a taxa das menciñas e o decretazo que suprime as Axudas no Fogar nos Concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o mantemento do Plan de Obras e Servizos (POS). O Partido Popular rexeitou as tres propostas que socialistas e nacionalistas levaron á sesión, argumentando que “hai que apretar o cinturón”. A este respecto, o voceiro provincial do PSOE, Manuel Martínez, replicou ós populares que “tres meses antes das eleccións xerais, dixéronlles ós veciños que non ía haber copago sanitario e agora hai REPAGO, que non ía haber recortes en políticas sociais nin suba de impostos pero fixéronnos. Mentiron e menten. Aí está esa Amnistía Fiscal que aprobaron para os amigos ou ¿fixéronno para axudar ós traballadores e pensionistas?. Hoxe o problema non está en ter que tomar medidas para saír da crise senón na labor dos Gobernos do PP e na súa ideloxía de dereita coa que están a machacar ós que menos recursos teñen e a enganar á xente deste país”.
Martínez referíase, deste xeito, á decisión do Partido Popular de aplicar ós defraudores, é dicir, aqueles que decidan declarar as súas rentas logo de ocultarllas ó fisco, un imposto do 10% ou do 8% fronte ó 24% que, como mínimo, pagan os contribuíntes que si cumplen coas leis, declarando e pagando impostos en tempo e forma. Esta medida, que só beneficia a grandes empresarios e rentistas, foi imposta polas maiorías absolutas do PP, ó igual que o incremento de custes dos medicamentos en función da declaración da renta, premiando de de novo ós defraudores; a supresión das axudas para persoas dependentes ou con enfermidades agudas sen prestación en todos os municipios lugueses agás no de Lugo; ou o recorte da partida do POS nos Presupostos Xerais do Estado, poñendo fin a este proxecto.
Pensionistas e dependentes, os máis perxudicados
Ó respecto do medicamentazo, o Goberno Provincial mantén que agrava as desigualdades sociais, sendo preocupante a situación dos pensionais, que agora terán que pagar pola súas menciñas, máis aínda en Galicia onde 120.000 maiores cobran 200 euros menos ca media de España, “situación non comparable con 4 cafés”. En representación do Executivo lugués, o Deputado Mario Outeiro salientou que “a sanidade pública non ten un problema de sostenibilidade senón de financiamento. Os recursos nos Orzamentos son insuficientes e isto é debido á xestión política que está a facer o Partido Popular, delatando as súas prioridades. Existen outras alternativas que non impoñer ós cidadáns máis gastos, por exemplo, a distribución de medicamentos a través de unidosis para non converter as casas en auténticas farmacias”. Tamén en mostra das prioriodades dos Gobernos populares e polo que se refire ás Axudas do Fogar, o Vicepresidente Primeiro, Antonio Veiga, destacou que o ano pasado a Xunta achegou ós Concellos da provincia con esta iniciativa 459.055 euros cando, anteriormente, concedía 1 millóns de euros e mentres a Deputación de Lugo, cun orzamento moi inferior ó do Goberno galego, investíu 500.000 euros, presuposto que mantén na convocatoria deste ano.
Unanimidade nas Deputacións de España
O Goberno Provincial aprobou instar ó Goberno Central a manter o Plan de Obras e Servizos deste ano tal e como, por unanimidade, acordaron facer todas as Deputacións de España, representadas por grupos políticos de todas as cores, nos pasados días. Nembargantes, facendo caso omiso ós seus compañeiros de partido noutras provinciais, o PP lugués votou en contra desta proposta. Nos Presupostos do Estado deste ano, o Ministerio de Administracións Públicas inclúe 20.702.000 euros para o POS, é dicir, a partida necesaria só para pagar o orzamento que adebeda ás entidades locais do Plan de Obras e Servizos doutras anualidades. Isto conleva, ademais dun recorte superior ós 62,9 millóns de euros, tendo en conta que en 2011 esta iniciativa contou con 83.642.400 euros, a imposibilidade de executar o POS 2012.
No caso de Lugo e o ano pasado, este Plan tivo un investimento de 5,5 millóns de euros, dos que máis de 3,8 millóns destináronse a obras de competencia municipal, financiadas ó 50% polo MAP, o 25% pola Deputación e o 25% polos Concellos. Este presuposto permitiu facer máis de 100 traballos, que consisitron, fundamentalmente, na mellora de accesos a pequenas localidades, pavimentación de rúas, abastecementos de auga ou acondicionamento da rede de sumidoiros, de instalacións culturais, centros sociais ou alumeados públicos. Martínez indiciou que “é un instrumento de cooperación cos Concellos que contribúe a frear o despoboamento no rural e o desemprego, que agora o Partido Popular elimina, impoñendo uns Presupostos que atenden a intereses partidistas. A diferencia do que fan vostedes, nas contas da Deputación, contemplamos a partida corresponde ó POS porque poñemos os recursos desta institución ó servizo dos veciños”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



