Comeza en Cervo a instalación da rede de pluviais que mellorará o saneamento da vila e evitará as enchentes
-As obras complementarán e mellorarán a rede de saneamento que se está executando na localidade
-Trátase dunha modificación do proxecto inicial de saneamento solicitada polo Concello a Augas de Galicia
Cervo, 26 de abril de 2012-Arrincan en Cervo as obras de mellora da rede de saneamento que se está acometendo na vila. Unhas melloras que consisten na instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais, separadas das tubaxes de saneamento, no treito que vai dende a fonte de San Roque ata o río, e no que se colocarán máis de 150 metros lineais de tubaxes. Trátase dunha actuación que non estaba prevista no proxecto inicial do saneamento e, por tanto, responde a unha modificación posterior, neste caso solicitada polo Concello a Augas de Galicia.
“Pedimos esta mellora co obxectivo de evitar as enchentes que se teñen producido na zona cando se rexistran chuvias moi fortes” explica o alcalde, Alfonso Villares, que se achegou ata a zona para comprobar o desenvolvemento dos traballos xunto con técnicos municipais e de Augas de Galicia. “Canalizando as pluviais a través dunha tubaxe independente e que só recolle auga da chuvia conséguese minimizar o perigo de inundacións” engade o rexedor.
O Concello de Cervo pide comprensión á veciñanza que teña que circular pola rúa que discorre pola zona de actuación, xa que nos dous ou tres próximos días permanecerá cortada ao tráfico para a execución das obras. “As molestias que se podan causar nestes días veranse compensadas unha vez que as obras estean rematadas e a rede de pluviais faga a súa función” asegura Villares.
O mandatario cervense explica ademais que o goberno local estaba agardando a poder acometer as obras da rede de pluviais para posteriormente aglomerar a vía. Pero para poder iniciar os traballos era necesario contar co visto e prace de Augas de Galicia á modificación do proxecto. Agora, coas melloras autorizadas, as obras están en marcha e en canto finalicen os traballos de colocación das tubaxes de pluviais “procederase á reposición inmediata do firme” asegura o rexedor.
Estes traballos de instalación da rede de pluviais veñen a complementar e mellorar a rede de saneamento que se está executando en Cervo, e cuxas obras estarán rematadas previsiblemente este verán.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



